Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Canto falamos, Manuel!

jueves, 04 de octubre de 2007
Canto falamos, Manuel! Ó non ser fumador, o cinceiro do meu coche é a parte máis limpa do interior do vehículo. A única parte limpa. Moi poucos o teñen utilizado. Un deles, Manuel María.
Polo tempo transcorrido, supoño que non foi este coche senón o anterior, pero para o caso é igual porque eu so dei fumado un par de catetillas, cando era moi novo, e logo deixeino por non conseguir disfrutar co tabaco.

Aínda Manuel e Saleta vivían en Monforte cando morreu o pai de Alfonso Blanco, e decidimos ir ó enterro a Ponteceso.

Como o Manuel non conducía e Saleta tiña que quedar atendendo a libreiría, quedamos en que eu recollería ó Manuel na Estación de Autobuses de Lugo, para desde alí levalo no coche.

Manuel, falador por natureza, estivo especialmente falador nesta viaxe, tanto de ida como de volta, supoño que para facerme máis entretida a conducción. Mesmo, durante a comida. Falou do divino e do humano, de escritores, da Terra Chá, de todo o que na Chá se movía. Porque escritor ou persoa letrada da que Manuel non soubese é que non existira ou nada fixera.

Non facía falla suscitar o tema. Só, pola miña parte, se acaso, mencionar un nome, unha data, un feito. E o Manuel desenvolvía o tema coa maxestade do entendido, con memoria felicísima, con coñecemento supremo.

Do mesmo xeito que para falar non facía falla animalo, tampouco para fumar. Ou sexa que o non ser eu fumador non impedía que el fumara, xa que el sabia que eu non tiña inconvinte en que o fixera. Fumar non lle conviña, e consciente Saleta desta realidade, controlábao férreamente nesto do tabaco, polo que o Manuel aproveitaba calquera visita de amigo para sair dar unha volta, aínda que só fose polas galerías Fontecha, e “botar un pito”. Neste caso, iámos sós, liberdade absoluta.

O traxecto foi longo, a estadía en Ponteceso ampla, e a volta repousada. E o Manuel a falar. E, de cando en cando, a fumar. E eu a non abrir a boca. Non facía falla.
Cando nos despedimos, xa de noite –viñera Saleta buscalo en coche a Lugo- deume unha aperta, e díxome: Bueno, Ramil… (Sempre manexaba o segundo apelido), moitas gracias!. ¡Canto falamos hoxe, eh!.

Eu quedei pensando en que practicamente non falara nada, pero facendo as contas dos estatísticos, dividindo o falado entre dous, daba un resultado de falar de moito pendello.

Canto falamos, Manuel!. E que ben o pasei naquela viaxe!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES