Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do Sinaia ao Aquarius: surcando a liberdade

miércoles, 20 de junio de 2018
Hei de recoñecer que o cambio de goberno en pouco tempo chegoume ao corazón. Dalgún xeito respírase un aire máis solidario, máis sensible a determinados temas.

O que está pasando co Aquarius dalgunha maneira faime sentir orgulloso de ser terra de acollida para exilios que non hai moito sufrían os nosos devanceiros. “Vamos a terra de liberdades” dicía un mozo de Sierra Leona que quizáis fuxiu da propia morte. Procuremos merecer sempre este calificativo, mimemos a liberdade como ese tesouro que tanto custou conquistar porque nós vimos de ser refuxiados...

Acabada a Guerra Civil o único país que axudou aos republicanos españois foi México, presidido polo gran Lázaro Cárdenas que chegou a fletar tres buques para librar aos nosos compatriotas da mesma morte anteriormente citada, como demostra a cruel represión que sucedeu á Guerra da que arrastramos indecentes fosas de esquecemento. México non se cinguiu a apoiar o bando republicano, senón que procurou salvar as súas vidas fletando tres buques. O máis famoso foi o Sinaia, no que saliron de Francia o 25 de maio de 1939 un total de 1599 pasaxeiros (entre os que ía o meu querido Lorenzo Varela), arribando a Veracruz o 13 de xuño.

Ao Sinaia seguiríanlle o Ipanema, con 998 viaxeiros, o Mexique con 2200 (requisado polos nazis) e o Flandra con 312.

Hoxe somos terra de acollida, por iso SOS Mediterraneé e Médicos sin Fronteras fletaron un barco chamado Aquarius que surcou a travesía da liberdade para 629 persoas ás que debemos sumarlle outras 523 trasladadas ao Olione e ao Dattilo, da Garda Costeira Italiana.

Todas estas persoas tiñan un mesmo convencemento que comparten cos exiliados do 39: “Vamos a terra de liberdades” dicía aquel mozo. Debemos empezar a comprender que a democracia algo vivo que se alimenta día a día, polo tanto é susceptible de morrer por inanición. Temos que comprometernos a coidalo e difundilo, por iso acoller non é unha opción: é unha obrigación sine qua non dunha moral democrática que debe adquirir cada persoa. Esa obriga impúlsanos a facer pedagoxía, a mellorar as relacións internacionais cos países de orixe e procurarlles os alicerces dunha transición á liberdade. Se o facemos consolidaremos a nosa conciencia democrática poñendo sementes de liberdade alí onde son imprescindibles.

Do Sinaia ao Aquarius un mar de solidariedade humanízanos cara unha utopía posible que sementa igualdade para convivir nun mosaico dialóxico de posibilidades.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania