Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Xosé Manuel Carballo: Medio ano sen ti

jueves, 14 de junio de 2018
Medio ano sen ti, Xosé Manuel,
sen o teu corpo provocadoramente enxoito,
sen o teu falar desbordante
sen a túa olla viva, esculcadora,
sen o teu maxín deitado na imaxinación,
sen a túa voz permanentemente convocando,
sen o teu ilusionismo sinxelo e envolvente, ledo, retranqueiro,
sen o teu populismo auténtico,
--naceras do pobo, eras do pobo, vivías do pobo e para o pobo--,
sen as túas descomunais fidelidades:
á Terra Cha,
aos homes e mulleres que a habitamos,
á lingua de noso que falamos,
á xente máis pobre e empobrecida,
a Galicia enteira
como país de seu,
como porta de entrada e de saída cara ao alén nós,
para dicirnos libremente,
para compartirnos orgullosamente,
para demandar respectos e fraternidades limpas.

Medio ano, Xosé Manuel, sen a túa descomunal fidelidade ao Deus de Xesús,
que para ti todo o envolvía e promovía.

Medio ano sen ti, Xosé Manuel,
demasiado tempo sen ti.

Sinaláchesnos camiños, metas, métodos e suores
e tócanos a nós non rebaixar os soños,
non minguar os esforzos,
non encollerse, non recuar, en nada,
porque os demos da desfeita e do arrasamento están petando á porta,
mais tamén o están as fadas das venturas.

Medio ano sen ti, Xosé Manuel,
demasiado tempo sen ti.
Farémoste presente a cada hora,
cando nos poñamos ao rego
e fagamos contigo traballo de sementeira, sacha ou recolleita
na hora rural crúa que nos toca vivir;
tempos de imaxinación e empeños,
tempos case de maxia imprescindible,
coa forza da Terra, para algúns tamén coa forza de Deus.
Pero contigo, Xosé Manuel,
unidos, unidas nunha máxica comunidade alternativa.
estaremos aí.
Si, estaremos aí.

(Leido polo autor no acto no que se deu o nome de Xosé Manuel Carballo ao Centro Cultural de Castro de Rei)
Regal, Manuel
Regal, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES