Todos valemos
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 14 de junio de 2018
¿Pode imaxinarse por un instante como sería a súa vida se non houbera zapateiros, xastres, costureiras, varrendeiros, mineiros, labradores, obreiros das diferentes ramas da industria, médicos, albaneis, carpinteiros, electricistas, avogados, notarios, sacerdotes, mestres, etc, etc...?
-Se non houbera zapateiros, andaríamos descalzos como non fai moito tempo. Eu teño coñecido a alguna persoa que andaba descalza
e non o facía por capricho.
Facíao por necesidade.
-Se non houbera xastres, cubriríamonos con peles de animais ou con ramallos como na Prehistoria.
¡Vaia faena!
-Se non houbera costureiras, non habería quen cofeccionara a vestimenta de case toda a humanidade (exceptúanse os pobos indíxenas que aínda quedan).
¡Canto lles debemos ás costureiras que levando a máquina de coser na cabeza, recorrían aldeas enteiras, remendando roupa de casa en casa!
¡Tempos aqueles!
-Se non houbera varrendeiros nas vilas e ciudades, acumularíase o lixo e non se podería respirar nin circular pola rúa.
-Se non houbera persoas que arriscan cada día a súa vida para entrar nas minas a extrae-los minerais; non teríamos nin menaxe, ni electrodomésticos, nin veículos a motor, nin máquinas, nin
¡Cantas persoas acaban morrendo de silicose!
¡Canta valía teñen!
-Se non houbera labradores, non existiríamos porque morreríamos por inanición, a non ser que nos alimentaramos de saltamontes e mel silvestre con Xoán Bautista.
O labor dos labregos alimenta á humanidade.
-Se non houbera obreiros, non habería industria ni productos procesados.
¡Quen sabe o que pasaría!
-Se non houbera médicos, as enfermedades camparían ás súas anchas, as epidemias estenderíanse e a mortalidade colectiva estaría asegurada.
Grazas á sanidade disfrutamos de lonxevidade nos países desenrolados e moitas enfermedades están erradicadas e outras constroladas.
-Se non houbera albaneis, teríamos que vivir en covas e chozas como en tempos primitivos.
Grazas a eles disfrutamos de fogares máis ou menos acondicinados onde temos intimidade e confort.
-Se non houbera carpinteiros que nos constrúen a mesa onde comemos, os bancos onde nos sentamos, a cama onde durmimos, etc
Teríamos que comer e durmir no chan.
A nosa vida sería ben diferente.
-Se non houbera electricistas, non saberíamos o que é ver de noite case como de día, usar infinidade de aparellos eléctricos que nos facilitan a vida, non habería tren de alta velocidade, nin avións, nin internet, nin
Eles son pezas importantes para todos.
-Se non houbera avogados, seguirá habendo peleitos, pero non teríamos quen nos defendera.
Teríamos que colle-la xustiza pola nosa man e os males serían peores.
-Se nos houbera notarios que levantan actas, fan testamentos
¿Cómo repartiríamos os bens que nos legan os nosos devanceiros?
Aínda así e todo
Menos mal que onde papeis falan, barbas calan.
-Se non houbera sacerdotes que nos predican unha doutrina que consideramos verdadeira, nos conducen cara a unha forza infinita que chamamos Deus, nos aconsellan e asesoran en temas de moral e bos costumes
.
Moitas persoas crentes terían que recurrir á supersticións, ás meigas, ós bruxos
¡Quen sabe!
O labor do sacerdote é máis importante do que parece.
Cando nos chega a auga á gorzxa
-Se non houbera mestres, non habería nin médicos, nin avogados, nin notarios, nin biólogos, nin químicos, nin enxeñeiros
Analfabetos todos.
Poderíamos seguir así cunha lista tan longa como de aquí a mañá
.
Pero temos que concluír recoñecendo a nosa propia valía desde o posto que ocupamos na sociedade.
Todos valemos e todos somos importantes.
Polo feito de ser criaturas humanas xa merecemos todo o respecto do mundo.
O malo está en que a veces queremos acaparar para nós os dereitos que lles corresponden ós outros e daquela prodúcense choques entre persoas, entre pobos
O conficto está servido.
De conflictos todos entendemos máis ou menos.
Do que se trata é de evitar na medida do posible que os conflictos se produzan.
EVITEMOS CONFLICTOS
Este será o título do seguinte artigo.
Antes de rematar quero darlle as grazas a tódalas persoas que coa súa valía me permiten ir vestida, calzada, alimentada, transportada, me axudan a conservar a saúde física, mental e espiritual.
A todas cantas dun xeito ou doutro colaboran para facerme a vida tan feliz como a que disfruto.
¡Que dure!
Grazas mil.

Cachaza Platas, Mercedes