Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ler e escribir na administración local

jueves, 04 de octubre de 2007
Cando falamos de Internet, énchesenos a boca. Énchesenos a boca se somos políticos, se somos xornalistas, se somos sensibles ás novas tecnoloxías, e xa non digamos se temos algo que ver coa Rede.

E sen embargo, Galicia está profundamente subdesenvolvida en canto a Internet. Na zona rural, e Galicia é case todo rural, ou a conexión é imposible ou é difícil.

A sorpresa, desagradable sorpresa, chéganos cando a Directora xeral de Administración Local da Xunta recoñece que só o 56% dos 315 concellos galegos teñen páxina web, o primeiro requisito para entrar non xa na “modernidade” tan cacarexada por todos senón na normalidade dun tempo e dun país que precisa conexión urgente con este novo mundo da Rede onde innumerables particulares se mergullan arriscadamente para ejemplo das administracións públicas.

Moito queda por andar. A metade dos concellos galegos teñen sen abrir unha fiesta sen a que na actualidade non é posible respirar, camiñar, organizar, programar, vivir.

Mentras Internet non estea en todos os Concellos, dun xeito activo ou pasivo, nada haberá que falar de novas tecnoloxías nin accións de progreso.

Se hoxe en día o que non usa Internet é un analfabeto, a metade da administración local de Galicia non sabe ler nin escribir. E eso é triste, grave, e de urxente remedio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania