Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 13 de junio de 2018
Que somos españois!

O mundo ó revés. Perdón, España ó revés. O que tiña que dimitir non dimitiu e o que non debería dimitir, dimitiu. Claro que o que dimitiu non é español. Esa é a gran diferenza. Porque xa sabemos que no noso país non dimite ninguén. De aí o de o mundo e España. Hai cousas para as que somos únicos, auténticos. Aínda que levemos golpes a darlle cun sacho. É igual, aguantamos coma heroes. Que somos españois, carallo, que somos españois. E se logo por enriba somos galegos, non che digo ná. Non dimiten os adestradores de fútbol españois, vanche dimitir os “grandes” políticos españois. Coidadiño que aínda hai categorías. Claro que, vai ti saber por que dimitiu o que non era español. Pero dimitiu. Tamén é verdade; por que vai dimitir un cando admite sempre que fixo Pingas de Orballoben as cousas. Se se traballa ben e con honradez non se debe dimitir. Certo, moi certo. Despois están os estranxeiros que, aínda que fagan ben as cousas, polo que sexa, dimiten. Pois alá eles. Eles saberán. Non imos ser nós os que lle poñamos atrancos. Os estranxeiros que pensen libremente como queiran, que os españois tamén pensamos libremente o que queremos. Non queremos dimitir? Non dimitimos, carallo! Que somos españois! A ver se...

Camiñar máis rápido

O outro día vindo da viña lendo no periódico (sempre vou e veño lendo algo, sexa libro ou xornal), atopeime cunha nova que me encheu dunha ledicia tan grande que case chouto diante da muller. Resulta que camiñar máis rápido reduce un 24% o risco de mortalidade. Eu, que precisamente non penso deixar este mundo ata os 123 anos, botade contas ata onde vou chegar. Porque chegarei. Porque o de andar máis rápido, para min, está chupado: todo consiste en sulfatar máis de présa. Mirade que non teño eu sitio para andar máis rápido. Case unha hectárea de viñedo dándolle voltas coma un sarillo. E que sorte van ter os meus rapaces. Son tan nugalláns que non botan unha man nin a tiros. Xa hai tempo que llo dixen: tedes sorte de que vou tardar en morrer e, así, podedes vivir á conta do pombo do voso pai. E os chimpafigos botáronse a rir. Máis de 123 anos. Porque si, porque o de camiñar máis rápido xa me encargo eu. Non é só na viña onde camiño. Cada vez que vou ó centro de Ourense, case sempre o fago andando. Ida e volta, moitas veces. Así, claro, é normal que tarde en morrer. Este sábado que vén, se o tempo o permite, xa me poño a elo, a camiñar máis rápido. Toca sulfatar de novo. Pernas, para que vos quero; temos que ir moito máis alá dos 123.

A vinganza: unha mala emoción

Sempre oín nas películas que a vinganza é unha mala emoción, unha mala idea. As películas, aínda que ás veces é todo mentira, sempre din cousas bonitas e cunha realidade moi profunda. Como cando gastamos unha broma; que ten un fondo serio. Como cando lanzamos unha indirecta; que é máis directa que unha frecha camiño do branco. O dito: que as películas ensinan moito. Unha das súas ensinanzas é esa: a de que non é nada bo optar pola vinganza. O PP parece que vai optar pola vinganza cando ameaza con castigar ó PNV (Partido Nacionalista Vasco) polo apoio a Pedro Sánchez, presentando emendas ós seus propios presupostos. Iso, falando claro, é vinganza. Así é que moito coidadiño Pingas de Orballocoas películas, que aínda que sexan fantasías ou mentiras, teñen o seu aquel. O mesmo que a vida, que a propia vida, que tamén ten as súas fantasías e as súas mentiras. A vida, xa en por si, é unha película. Co seu inicio e a súa fin. Logo, polo medio, vai o argumento e o guión, a dirección artística e a montaxe. Por que non lle facemos caso ás películas? Deixémonos de vinganzas, que nunca levan a nada bo. Ata o artistiña cowboy queda amargado ou tristeiro cando consume a súa vinganza.

Todo un curso sen recreo

A xente é mala. Así de claro o digo. Somos malos. Así de simple. Acabo de escoitar pola televisión a nova dun neno de nove anos que leva sen recreo desde o mes de outubro porque o tiña castigado unha profesora. Unha mestra? Iso nin é mestra nin é persoa! É que nin antigamente se usaba tal disciplina (e iso que eramos tortos de carallo). Practicamente ou sen practicamente todo un curso sen recreo. Un neno! Por moi mal que se portase o neno (que nin iso, xa que o castigo debeuse a non entregar un traballo de música), todo o mundo (nenos e adultos) ten dereito ós seus momentos de ocio. Ata os funcionarios temos dereitos ó café. Seguro que ela, como funcionaria que é, non deixou de tomar o seu cafeciño e ler o xornal! Este ¿elemento de persoa? achacou ante os pais do cativo que era unha “técnica educativa para corrixir a súa postura”. Señora pingallo, iso en vez de técnica é tortura, é maltrato infantil. Agora a Inspección da Consellaría de Educación de Valencia abriralle un expediente informativo á dirección dese colexio de Alzira. Expediente informativo? Pero en que país vivimos! Suspendidos de por vida sen emprego e soldo. O cárcere é demasiado premio para todos eles. Porque todos o sabían, vaia se o sabían.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES