Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: Lembranzas do Asilo (II). Construcción e inauguración

lunes, 11 de junio de 2018
Polo ano 1928 iníciase a construcción do Asilo, obras que rematan en 1931, según consta no frontispicio da entrada principal. Pero será dous anos mais tarde- 1933- cando se inaugure, o día 16 de xullo, festividade da Virxe do Carme; patronímico asinado a aquela Institución, por vontade da fundadora.

Vallibria, o periódico que en Mondoñedo dirixía don Xosé Trapero Pardo, daba novas do acontecemento ”… un reconfortante Asilo, en el que el pequeño detalle está atendido, y a Foz un edificio que es gala y ornato de la villa… dominando el panorama terapéutico de la ría, y dilatadas perspectivas del litoral, desde Tapia a San Ciprián. Es un hermoso edificio de dos plantas, de amplios y profundos ventanales y dividido por una capilla central, de bella traza románica, en dos costados laterales, idénticos, para los asilados de cada sexo, que amplias escaleras de cómodos rellanos, dividen en dos secciones. Toda la pavimentación del edificio, excepto la de los dormitorios, es de baldosín de la renombrada fábrica de Burela. El establecimiento, que está separado de la carretera de la Costa por un jardín de amplia escalinata y elegante verja, forjada por cierto en los talleres de Foz, cuenta con abundante agua corriente en todos los departamentos y un elevado murallón cierra sus 65 áreas de huerta…

El edificio, que engalana grandemente aquel paraje, y que ha costado 375.000 pts., sin contar las dependencias exteriores, honra al arquitecto don Roberto Lage Baamonde y al contratista, señor Mera”.

A construcción, de fermosa traza, e acusada personalidade, divisábase entón de calquera punto da vila, e dende a outra beira da ría a súa planta erguíase maxestuosa,sobre as casiñas que se apiñaban arredor da igrexa e do porto.

Así o expresaba Rufina Solveira, en poesía publicada o 20.10.1934 en “La Democracia” de Luarca; descripción dende Barreiros, onde a poeta residira por algún tempo. Precisamente o título é “Mi pueblo”; e dí así:

“Desde la casa en que habito/ veo a mi pueblo natal,/mirándose al gran espejo/ del majestuoso mar./
Hasta él llegan las olas/ y blancas copas de espuma;/conchitas de algas marinas/ y nubes de espesa bruma./
Veo mi humilde casita,/rodeada de una higuera,/contemplando las barquillas/ al margen de la rivera.
Veo el faro que señala/ el peligro al marinero;/su lucecita brillante/ hace guiños al mar fiero./
Veo el soberbio edificio/ que cobija al desvalido:/ Quizá yo algún día en él/dé mi postrer suspiro…”

O 9.9.1935 o Concello, a petición dos albaceas, declara como cemiterio o panteón construido na capela,só aós efectos do traslado e inhumación dos restos da parella benfeitora, sepultados no cemiterio de Barreiros que “coincide co desexo do pobo de Foz, agradecido ós seus fillos… “, según consta na acta da sesión municipal .

No transcurso do tempo o Asilo, rexido polas Hermanitas de los Ancianos Desamparados,foi obxeto de melloras, sempre tendentes a cumprir as funcións para o que fora concebido. Nese senso gardamos memoria das realizadas polos anos 70, coa ampliación e modernización de dependencias e servizos; dotación de instalacións para matrimonios; cafetería, perruquería unisex; sala de xogos, de tv. e de lectura, aseos para minusválidos… así como ascensores para camillas, megafonía, planchadoras,lavadoras, etc.

Nesta época rexía aquela Casa unha monxa excepcional, tan pequena de corpo coma grande de espíritu, de traballo, de xenerosidade, de optimismo, de entrega e de ilusión: a Madre Ambrosia; de inesquecible recordo.

(Suso Fernández é Cronista oficial e Fillo Predilecto de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES