Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O crime de O Ceao

lunes, 11 de junio de 2018
Hai unhas semanas, cumpríronse 24 anos do malfadado día en que a miña xente e máis eu estábamos nunha nave do polígono de O Ceao, traballando no que cinco meses despois ía ser Televisión Lugo, a pouco máis de cen metros da nave de Cash Record, onde ás sete e media da tarde alguén asasinou á caixeira Elena López e ao repoñedor, Esteban Carballedo.

Cen metros de distancia impediron que souberamos do tráxico acontecemento, e vintecatro anos de distancia impediron que as forzas de seguridade e o poder xudicial coñeceran exactamente o que pasou, quen o fixo, e que tomaran as medidas que a Lei prevé para un roubo alevoso con resultado dun doble asesinato.

Os mozos daquela, son hoxe persoas de idade madura; os nenos son maiores; o tempo vai facendo que determinados acontecementos perdan actualidade, e o doble asesinato do Ceao hoxe sería un lonxano recordo esvaído no tempo, se non fose porque as familias non esquecen, e cada cabodano aproveitan para dar unha badalada de atención a todos nós, para que non esquezamos o feito e aos poderes públicos para que sigan traballando por esclarecer esta traxedia.

Os procesos xudiciais teñen os seus plazos, e en base a eses plazos o tema pode ser esquecido oficialmente ou lembrado, según proceda como resultado das investigacións. E cabe supoñer que as forzas de seguridade nunca esqueceron o tema, estudiaron todas as posibilidades, investigaron nas posibles liñas de averiguación, e se case un cuarto de século despois aínda non temos resultados, abandonar o tema sería darse por derrotados nun caso no que a sociedade non pode ser derrotada.

Que poderosa a forza do amor que fai que os familiares non perdan a fe e a esperanza en que ten que ser posible coñecer a verdade e poñer a quen resulte culpable a disposición da xustiza para que proceda como a Lei dispoña!.

Para que non haxa esquecemento por parte de ninguén, os familiares dos asesinados vestíronse como damas da xustiza e concentráronse diante dos xulgados o día que se cumpriron os 24 anos daquelas mortes. Para que ninguén esqueza que os mortos de xeito alevoso, tantos anos despois, seguen pedindo xustiza.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania