Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A empresa, polo que vale

miércoles, 03 de octubre de 2007
En tempos, en Galicia, os concellos que querían medrar turisticamente ofreceron terreos a moi baixo precio, gratis nalgúns casos, para que neles se construíran primeras ou segundas vivendas, que traerían consigo máis poboación, máis consumo, mais vida.

Non hai tanto tempo, os concellos que aspiraban a que no seu territorio se instalasen empresas creadoras de postos de traballo, ofrecían terreos a baixo custo, beneficios fiscais, bonificacións en taxas… sempre que as novas empresas trouxesen consigo os ansiados postos de traballo.

Viñeron os novos residentes, viñeron empresas… e xurdiu a competencia con outras zonas que poden ofrecer iguais ou mellores condicións á hora de que unha empresa se asente nun lugar determinado.

O valor da empresa teno asumido o veciño Portugal, onde hai cámaras – os concellos portugueses- que venden solo industrial a 12€ o metro, outros a 0,60€, e incluso gratis, engadindo exencións fiscais.

O resultado estase notando na provincia de Pontevedra, especialmente na zona industrial do contorno de Vigo, que rexistra unha corrente crecente de asentamento en Portugal en detrimento de Galicia.

O valor da empresa parece ser ben entendido polas autoridades portuguesas. Aquí, que a fin de contas as empresas son “nosas” haberá que preocuparse polo tema, tomar decisións, e “contraatacar”. Porque europeos, veciños e amiguiños, si pero “A empresa, polo que vale”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania