A Xosé Manuel Carballo Ferreiro, Galego de Honra
Fernández Abella, Xoán Xosé - sábado, 09 de junio de 2018
Acáelle o apelido de Carballo
e acáelle o segundo de Ferreiro,
alma rexa, tempero verdadeiro,
cura, mago, escritor
un agasallo!
Dunha limpa bondade, sen un fallo,
un humor altamente sobranceiro,
é dun nobre humanismo pregoeiro,
sempre gran corazón no seu traballo.
Nado en Goberno, de Castro de Rei,
é autor teatral, é xornalista,
gran pacificador
eu ben o sei,
darvos non podo, non, ningunha pista
e simplemente volo afirmarei.
É galego de honra, un grande artista.
(Poema remitido por Xoán Xosé Fernández Abella para ser leido no acto no que se deu o nome de Xosé Manuel Carballo ao Centro Cultural de Castro de Rei).
Fernández Abella, Xoán Xosé
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora