A UNED SENIOR visita catro centros pra rematar o curso, e amosarlle ó público o que se fixo durante todo este curso e así poñer en práctica unha parte moi importante da asignatura que é a posta en escena.

Desa mesmo xeito a UNED colabora cos centros da terceira idade e tamén con centros adicados a dano cerebral, alcholismo e outros.
Neste remate de curso os centros foron: Pai Meni en Betanzos, Vila de Valverde e Centro Hermanos García. A Uned de Guitiriz ten sen pechar a súa actuación.

Como anécdotas, cabe destacar que no centro de Cospeito, unha señora de 94 anos se ergueu e empezou a recitar coplas de máis de 100 anos e outra comentou que levaba 40 anos sen bailar.
Tódolos centros quixeron que a actuación se fixera antes da merenda para que a UNED puidera compartir ese momento coa agrupación.