Os Valuros da música
Canto, Ana - jueves, 07 de junio de 2018
Corria o ano 92 cando un grupo de nenos e nenas comezaron a dar as súas primeiras notiñas musicais no centro escolar Ramón Falcón, facendo a súa primeira actuación nas festas do colexo.
Cando aquelas melodías comezaron a coller xeito, aquel grupiño decidiu poñerse un nome pra darse a coñecer.
Naquel momento, carentes de ideas, o mestre de relixión fíxonos a suxerencia de porlle o nome de Os Valuros.
Dende aquel momento, o grupo foi sempre da man daquel home que ía facer deses mozos e mozas unhas persoas capaces de viaxar, aprender, desfrutar e andar polo mundo.
Aquel cura, mestre, mago, xornalista, poeta, sindicalista, político un día dixo "eu considérovos a todos meus fillos" (vindo dun cura, soa algo raro), e foi nese momento no que o propuxemos para ser o noso Padriño Valuro.
Un día aqueles mozos e mozas comentáronlle ao seu padriño valuro que querían viaxar polo mundo, concretamente a un parque de atraccións. Xosé Manuel dixolles "Soñai meniños, soñai, que se se desexa con moita forza, calquera soño pode facerse realidade"
Aquela noite, os nenos soñaron con Port Aventura e a sorpresa foi que Xosé Manuel aplicou a sua máxia e a viaxe non só foi a Port Aventura, senón que chegarón ata a Francia.
No ano 2016, o grupo de Gaitas Os Valuros saca o seu primeiro disco e -como non- adicado a Xosé Manuel.
Para nos é un gran orgullo que este Centro leve o seu nome porque a cultura da nosa terra non se entendería sen o nome de Xosé Manuel Carballo.
Grazas, Xosé Manuel.
(Palabras de Ana Canto, no nome de Os Valuros da Música, no acto no que se deu o nome de Xosé Manuel Carballo ao Centro Cultural de Castro de Rei).

Canto, Ana
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora