Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grazas ás lumbreiras

jueves, 07 de junio de 2018
Paréceme que España ocupa o oitavo lugar en calidade de vida no mundo.
Tanto se estou ben informada como se non; o certo é que tódolos españois gozamos, ata o momento, dunha morea de adiantos que fan a nosa vida de máis calidade cada día que pasa.

Por exemplo:
-NON HAI MOITOS ANOS QUE PARA FREGAR O CHAN, FACÍAMOLO –xeralmente as mulleres- DE XEONLLOS PASANDO SOBRE AS BALDOSAS UNHA BAIETA XABRONOSA.

Eu fíxeno.
¿Vostede non?
Pois…¡Sorte que tivo!
Hoxe en día, unha simple fregona, un simple pau cun plumacho na punta, favorece enormemente o traballo.
¿Quen a inventou?
Non o sei, teño entendido que foi un home; pero non importa se foi un home ou unha muller: o importante é que nos fai a vida máis doada.

-NO TOCANTE A ESCRITA DE LIBROS, ANTES DO INVENTO DA IMPRENTA POR GUTEMBERG, ESCRIBÍANSE Á MAN.
¿Canto máis doado non resultou escribilos cunha máquina de escribir daquelas que había que cambia-lo carro de dereita a esqueda?
Eu aínda a conservo.
Logo viñeron as máquinas eléctricas e agora os ordenadores.
¿Canto máis doado non é?
¿Quen inventou a máquina de escribir?
¿Quen inventou o ordenador?
Non o sei; pero o que si sei é que toda a humanidade lles está agradecida, aínda que non llo diga nin llo recoñeza.
Neste país non abunda moito o agradecemento.
Eso non lle quita o valor ós “INCUNABLES” que teñen o valor que teñen. ¡E tanto!

-AS LAVADORAS FORON UNHA GRAN REVOLUCIÓN: COMODIDADE, HIXIENE, RAPIDEZ…
Atrás quedaron:
-Os lavadoiros.
-O botar a roupa a clareo no campeiro.
-O ter que augala (salpicarlle auga) para que non se secara no arredor.
-O carretar tinas de roupa na cabeza das señoras.
-Tamén quedaron atrás. “os noticieros de lavadoiro”…

-NO CAMPO DA FOTOGRAFÍA:
¿Quen non lembra aquel fotógrafo que se poñía nas prazas públicas facendo fotos cun aparello moi orixinal colocado sobre un trípode?
Despois estaban o estudios de fotografía para facer unha foto para ter un recordo de algo especial: a familia, as visitas dos que viñan do Buenos Aires, a comunión dunha criaturiña, o casamento…
Despois as cámaras analóxicas, o revelado das fotos…
Hoxe en día un aparello que cabe na palma da man fainos de teléfono, de telégrafo, de máquina de escribir, de máquina de fotos, de axencia de viaxes, de banca electrócia, de moedeiro e mil funcións máis…
¿Grazas a quen?
Grazas as lumbreiras que os inventan.

-NO TOCANTE Á TELEFONÍA:
Non fai moitos anos, nas capitais importantes tiñan teléfono, cabinas telefónicas e oficinas da telefónica.
Nas pequenas localidades, nas máis aventaxadas:
Cando querías falar con alguén: chamabas á centralita, pedíaslle que te puxera co número do abonado 13 ou co 21 no caso de que tiveran teléfono nas casas particulares.
Cando non, pedías que lle foran dar un recado a fulanito ou a menganito se se trataba dun recado de suma urxencia…
Hoxe en día os móbiles póñennos en contacto instantáneo coa outra punta do mundo.
Estes e mil avances máis que se están producindo día a día…
¿Grazas a quen?
Grazas as lumbreiras, grazas a mentes privilexiadas que alcanzan máis que o resto.

¿ONDE NACEN AS LUMBREIRAS?
¿Nas grandes capitais do mundo?
¿Nas familias capitalistas?
¿Nas persoas de sangue azul?

Non, non.
Intelixencias superdotadas nacen en todas partes, non discriminan por raza, nin por cor nin por clase social.
A nai natureza rexida pola INTELIXENCIA INFINITA, dános lumbreiras onde menos se pensa.
Eso si: unhas lumbreiras teñen máis facilidades que outras para levar a cabo o seu “novidoso proxecto”.
Non todos temos as mesmas oportunidades.
Eso sabémolo todos por propia experiencia.
O QUE TAMEN É BEN CERTO É QUE TODOS ESTAMOS CHAMADOS A FACER ALGO IMPORTANTE NA VIDA.

Estou lembrando neste instante á escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, Ana María Victoria Moreno Márquez que dicía:
“AS PERSOAS ESTAMOS FEITAS PARA LEVAR ADIANTE OS FEITOS MÁIS FERMOSOS”

¿Qué pasaría se tódalas persoas de calquera idade e situación tomaramos conciencia desa frase tan corta pero tan profunda?
Posiblemente sexa unha das leccións que teñamos que aprender para descubrir o noso potencial interno, porque todos valemos.

“TODOS VALEMOS”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas a tódalas lumbreiras.
Moitas grazas a tódalas persoas que desde o seu posto son capaces de facer algo que facilite a vida das outras persoas.
E moitas grazas temén pola súa consideración cara ós meus escritos e cara á miña persoa.
Aínda que non llo poida expresar persoalmente, pódolle asegurar que me produce felicidade e gratitude.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES