Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O 'Mato Vizoso' de Vilalba

martes, 05 de junio de 2018
Eu son moito de celebrar os cumpreanos, sexan propios ou alleos, personais ou colectivos e, naturalmente, das institucións que teñen relación conmigo, e alédome de xeito especial cos cumpreanos institucionais relativos a entidades que tiveron e teñen importancia para as colectividades do noso contorno.

Por iso me compraceu saber que o colexio Mato Vizoso de Vilalba celebrou os seus primeiros cincuenta anos días pasados, lembrando o seu nacemento naquel lonxano e agora mítico 1968.

Vou máis ao Insua Bermúdez por ser xurado do Certame do Benxamín Paz que premia debuxos e poemas de alumnos dos colexios de Vilalba e contorna, pero nos dous colexios teño amigos, e en conxunto lembran a revolución educativa que Vilalba viviu a finais dos sesenta –cando eu xa non estaba vivindo alí- partindo das vellas escolas graduadas do alto do Campo da Feira, para pasar a ter unha cidade cultural á que se lle deu o nome de Manuel Fraga, porque cabe supoñer que moito tivo que ver para que se producise aquela evolución tan necesaria e radical.

Evolución que se completaría de forma extraordinaria coa creación do Instituto Basanta Silva, que continuaba –e chegaría a condenala á desaparición- á histórica Academia Santa María, na que moitos vilalbeses atopamos un ensino indispensable para o noso futuro, subordinado aos centros educativos da capital da provincia. E tamén coa concentración en Vilalba dos alumnos de escolas rurais, agás os dos novos colexios de Belesar e de Román, que completaban o panorama educativo dunha vila que saía da pobreza cultural para integrarse na nova sociedade que nacía.

No Mato Vizoso, que leva o nme dun ilustrado vilalbés que merece memoria duradeira, celebrouse o primeiro cincuentenario, con diversos actos, entreles a erección dun monolito de granito, tallado polo vilalbés Marcos Ladra, neto do Galán da Porta de Cima, que lembra que se celebrou de xeito entusiasta que o colexio cumpriu cincuenta anos de mocidade educativa.

O alcalde Agustín Baamonde, o director do centro Manuel Castro Santamariña, e a inspectora de educación Genoveva Ferreiro, descubriron o monolito que nos recorda que o Mato Vizoso de Vilalba celebrou as súas vodas de ouro cos vilalbeses e a educación. Por moitos anos, Colexio Mato Vizoso de Vilalba!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES