Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Uned Senior abre preinscripción

martes, 05 de junio de 2018
UNED abre a preinscripción para o curso destinado a maiores de 50

TERRACHA. Luns, 4 xuño 2018.

A preinscripción para os novos cursos do programa formativo 'UNED Sénior', que a Universidade Nacional de Educación a Distancia desenvolve para maiores de 50 anos, xa está aberta na zona dá TERRA CHA para o próximo ano académico. Entre a oferta formativa para o primeiro cuatrimestre atópanse as seguintes asignaturas:

. NOVIDADE. A TERAPIA DE MAIORES CON CANS impartida por Octavio da TVG e propietario do Centro de instrucción canina e Hotel MONTEGGATTO de Oza-Cezuras'.

. HISTORIA, por Felipe SENÉN.

. MEDICINA - XERIATRÍA, polo Doutor Marcelino MOSQUERA. Médico xeriatra do SERGAS.

. INFORMÁTICA, por Antón Casteiro.

. Ximnasia a través da música. Envellecemento activo e pilates.

Admitiránse alumnos por rigorosa orde de inscripción ata completar aforo e as persoas admitidas recibirán a información pertinente para formalizar a matrícula.

O boletín de inscripción está dispoñible na secretaría do centro ou na web da entidade, así como nos concellos colaboradores e persoas responsables en cada Concello ou Asociación.

O centro asociado da UNED na Coruña ofrece este programa para TERRA CHA, dende o curso 2008-2009. Os alumnos son persoas que non puideron acceder á universidade no seu momento, ou ben desexan volver ás aulas e reencontrarse de novo coas actividades académicas universitarias. Cada curso escolar se articula en dous cuatrimestres con catro materias cada un.

O noso centro ocupou durante 5 anos o primeiro posto de matriculación e cunha media de idade entre 70 e 80 anos. Segue nos tres primeiros postos, despois de Madrid e Castellón con 367 matriculacións.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES