Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Preocupación pola economía

martes, 02 de octubre de 2007
Pedro Solbes, Vicepresidente segundo do Goberno de España e Ministro de Economía y Hacienda, ven de declarar que non está preocupado pola economía das empresas españolas, que goza de boa saúde, pero si polas débedas dos fogares españoles, que poden resentirse moi axiña pola marcha xeral da economía.

Solbes é o encargado dentro do goberno de poñer a cara agria nunha cabeza bifronte que pode proclamar que xogamos na primeira división da economía mundial, que medramos máis que ninguén, e que España como unidade económica progresa moito máis que axeitadamente.

E Solbes é o que pon o punto no lugar onde corresponde, para que ninguén poida decir que desde o goberno non se din as cousas como son. Se hai dúas opinións, cada quen que apande coa que mellor lle apeteza.

Hai preocupación pola economía, entre as empresas e os particulares. Entre as pequenas empresas, especialmente, que son as que se ven levadas polo vento das tempestades lonxanas, e non saben o que pode pasar nun futuro menazador.

Preocupación xeral é o que se detecta no contorno. E se alguén di que non hai que preocuparse, máis preocupación provoca.
Agardemos que amaine.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES