Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O gulag dos libros

lunes, 01 de octubre de 2007
Din os novos xestores da Deputación Provincial de aquí que hai en escuros almacéns ducias de milleiros de libros condenados a unha existencia miserábel: a de non sentir endexamáis as mans garimosas dun lector.

Parece ser que o servizo de publicacións, deixándose levar por unha desmesurada paixón editorial, tirou do prelo libros e máis libros que, a falta de adecuada distribución, foron acabando arrumbados en fríos e húmidos calabozos, penados sen sequera un xuízo xusto ou unha sentenza exemplar que, cando menos, xustificara de algunha maneira o seu tráxico destino.

Non nos descubren nada novo. Creo que todos eramos sabedores da existencia deste réxime penal bibliográfico e, aínda máis, o inquietante rumor de moreas e moreas de caixas repletas de libros era algo máis ca unha lenda urbana por estes pagos.

Non entrarei -simplemente non me peta- na calidade ou falta dela das publicacións da Deputación. Pero sí quero dicir algo ao respecto. Primeiro, a absoluta falta de criterios claros, públicos e de utilidade xeral na escolla de títulos apunta a unha falta de rigor notábel no manexo dos cartos de todos. Segundo, a total deixadez respecto á necesidade de artellar unha mínima rede de distribución convertiu en pouco menos que imposíbel facerse con algún título interesante, a menos que se coñecera a algúen que coñecía a alguén que… En fin, outra vez aquela falta de rigor da que falabamos.

Ás novas autoridades habería que pedirlles dúas cousas: Unha, que decreten unha pronta amnistía para os libros castigados, para que podan rehabilitarse e ser útiles á sociedade en bibliotecas públicas, de asociacións veciñais, de fogares e residencias de maiores, de colexios e outros espazos para as letras. E dúas, que apliquen algo de sentidiño no futuro.

E vou remantando. Teño que confesar que a miña primeira intención cando me sentei a escribir isto non era falar de libros, senón de algo moito máis grave e importante: a situación do Hospital Psiquiátrico de Castro Ribeiras do Lea. Tampouco é nada novo. O que pasa é que non se me ocorren máis ca improperios e palabras moi, pero que moi grosas para os responsables políticos que causaron –e tamén para os que toleraron- as inhumanas condicións de habitabilidade que sufre un dos colectivos máis vulnerábeis da nosa sociedade. Que isto ocorra hoxendía dá noxo.
Naseiro, Paulo
Naseiro, Paulo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES