Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Marxinados

viernes, 28 de septiembre de 2007
Á BEIRA DO CAMIÑO
Xesús Mato

Marxinados
Outra vez. Tamén á hora de repartir e compartir os bens da comunidade (os presupostos xerais do Estado) froito dos nosos impostos que deberían ser moito máis xustos para ser solidarios. Lembren as cifras. Como era previsible, Ourense e Lugo, as provincias máis pobres de Galiza, son, de novo, as menos favorecidas. Seguen as descaradas discriminacións.

Estamos afeitos a estas inxustizas. Non acostumados nin resignados. Máis ben, ao contrario. Moito máis decepcionados cós de Vigo e A Coruña. Parece ser que ourensáns e lucenses, a pesar de tantas promesas, non figuramos nos plans tan hipócrita e falsamente vendidos. ¿Onde o plan do Re/equilibrio!?, ¿a igualdade de oportunidades!?, ¿a xustiza distributiva!?

As inversións no rural (maioría nas dúas provincias) non se ven por ningures. Nin no agro, nin nas infraestruturas, nin nos servizos. (Só o milagre das diversas rotas rurais do Camiño de Santiago atallaron algo a desfeita) Os labregos e os seus fillos con estudos teñen que se marchar para fóra se queren fuxir da fame e a soidade. Seguir emigrando, de novo. Para iso si que son dabondo as dúas autovías diante a falla da xa vergoñenta promesa do AVE.

Os presupostos non foron aprobados “por unanimidade” pero si amañados, interesados e mesmo compensadores de favores, débedas e outras trécolas electorais. Máis/menos, tamén coma sempre. Estas discriminacións teñen que acabar. Tamén no pobo galego no que seguen a medrar perigosamente os ricos/epulóns e a se multiplicar os pobres lázaros mendigos que sobreviven coas migallas que caen das mesas abondosas dos privilexiados.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES