Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: 40 anos das Amas de casa

viernes, 25 de mayo de 2018
En 1978 xurdiu na vila o primeiro colectivo de mulleres que se organizaban co fin de atopar na solidaridade e a convivencia a canle axeitada para vivir as súas inquedanzas ,e para estar presentes, legalmente constituídas, na sociedade nova que agromaba.

Chegaba a apertura á participación na “res publicae” e a muller, de sempre marxinada, debía tomar posicións para facer valer a súa presencia e para reivindicar dereitos e consideracións históricamente negados. Así nacía, hai agora 40 anos,a Asociación de Amas de Casa de Foz.

O ano 2003 o colectivo celebrou as Vodas de Prata, e con tal motivo editou unha revista na que este cronista colaborou con modesto artigo cuxo contido, quince anos mais tarde, suscribiríamos. Dí, parcialmente así: “Galicia é, de sempre, un matriarcado. O mais fondo do ser da nosa terra, desde a complexión e a tectónica das terras, ata a capa da paisaxe que ten enriba; dende a música e a fala, ata calquera manifestación do temperamento e a cultura, todo aparece baixo un tinte femenino. Asimesmo, lémbranos Martínez Barbeito: “ moito do mellor que produciu o xénero indíxena débese ás mulleres; daí que nalgún momento se dixera que “en Galicia os grandes homes son… mulleres”. Porque, a carón de mulleres senlleiras da literatura, das artes, da socioloxía, da política e aínda da guerra, miles de mulleres galegas, ás veces insignificantes ó exterior, son a alma e o corpo do fogar; levan a dirección da familia e a miúdo tamén a responsabilidade do sostemento económico; e non só aquelas ás que Rosalía chamou “viuvas de vivos”, por outra parte exemplo de entrega e sacrificio…

Pero, a pesares desta realidade obxetiva; razóns históricas, sociais, culturais e políticas mantiveron ás femias apartadas de todo poder e de todo protagonismo.

É certo que a evolución foi grande no último século: pouco ten que ver a situación de hai anos a esta parte, con aquéla que no S. XIX obrigou a Concepción Arenal que, para asistir á Universidade, tivera que vestir de home.

Pero a loita da muller non rematou, continúa; aínda que, como dixo o poeta,”para honrarla el hombre bástale a la mujer que mujer sea”.

Parabéns ás Amas de Casa de Foz,tan perto de celebrar as Vodas de Ouro do seu colectivo. Noraboa.

(Suso Fernández é Cronista oficial e Fillo Predilecto de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES