Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As novas dos días

viernes, 28 de septiembre de 2007
Somos receptores de información desde que amence e moito antes, ata o lusco fusco e moito despois. Os medios rivalizan en facilitar información. As radios, cada hora, a televisión con numerosos telediarios, os xornais coas súas edicións matutinas. E Internet as vintecatro horas do día.

Todo son novas, e nós estamos inmersos no universo mediático que nos envolve e nos rodea, de xeito que parece como se todo xirase arredor de nós.

Baixan as vivendas e suben os xuros; Madeleine non aparece; baixan os espectadores, pechan os cines; Touriño e Núñez Feijoo andan á gresca; Quintana buscándose a vida (política); menos alumnos nas universidades; bo tempo.

Mentras para Touriño os investimentos en Galicia no próximo presuposto do Estado van ser un “impulso inédito” para o país, os cristais das outras forzas políticas proporcionan visións menos optimistas.

Todo eso pasa nun día, ou enterámonos nun día, ou percibimos nun día como un roxe-roxe informativo que imos deixando que soe no exterior de nós para que non inflúa demasiado na vida de noso.

Son as novas de todos os días, as novas dos días, que de noite procuramos esquecer para poder absorber as do día seguinte. Porque temos a sensación de que as noticias caducan, que son fráxiles e perecedeiras, e que ó día seguinte volveremos a ter as mesmas con distintas palabras que nos seguirán parecendo novas.

Somos como unha vella pizarra que ó final do día, co sono nocturno, lle pasamos un pano para deixala relativamente limpa para as seguintes anotacións. Esperando que, de cando en cando, veña unha auténtica boa noticia. Que, claro está, como quere a teoría periodística tremendista, se é boa noticia nin siquiera será noticia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES