Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e esmoleiros (1)

miércoles, 23 de mayo de 2018
Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra, e esmoleiros do Concello de Guntín de Pallares (Lugo)

Autores: José Manuel Blanco Prado e Manuel Muñiz Besteiro

O noso agradecemento a algunhas persoas do concello de Guntín, que colaboraron dun xeito efectivo e desinteresado na realización do presente traballo. Podemos facer alusión, entre outras, as seguintes: José Manuel Álvarez Fernández, José Mosquera, Rosa Vázquez Pena. José Vázquez Vázquez, Alcide López Mazaira, Esperanza López. Carmen Reyes López, María Jul Rodríguez, Manuel Pérez Penelas, Jaime Lópèz Lamas, Antonio Álvarez, Carlos Fernández López, Constantino Mourenza Rodríguez, Jesús Mourelos Iglesias.


I. Trazos históricos e xeográficos do Concello de Guntín de Pallares

Guntín é un municipio lucense cunha superficie de 156 km2 , que está integrado nunha extensa altiplanicie interior coñecida como a Meseta Central Lucense. A súa altitude oscila neste ámbito territorial entre os 540 e os 580 metros, aínda que cómpre distinguir unha serie de elevacións montañosas: Picato (788 m.), Pena do Cotillo (702), Pena de Fornos (707 m.). Os seus límites xeográficos son: polo Norte, Friol e Lugo; polo Sur, Portomarín; polo Leste, o Corgo e o Páramo; e polo W., Monterroso e Palas de Rei.

Pola súa situación xeográfica, este municipio pertence á bacía fluvial do río Miño, que pasa pola súa área oriental, onde recibe as augas dos ríos Ferreira, Levadoiro e Colmeiro. A nivel climatolóxico, posúe un clima oceánico continental o que da lugar a uns invernos fríos e uns veráns frescos.

Dende unha perspectiva demográfica, a poboación sufriu unha clara regresión a partir do ano 1960, debido ao constante éxodo rural e, logo, a redución do crecemento natural, que deu lugar a un envellecemento da poboación. Actualmente, segundo o I.G.E. do ano 2015, a poboación deste ámbito territorial foi de 2.881 habitantes -1470 homes, e 1411 mulleres- distribuídos nas seguintes parroquias: Castelo de Pallares (San Salvador); Constante (San Miguel); Entrambasaugas (Santiago); Ferreira de Pallares (Santa María); Ferroi (Santiago); Francos (San Salvador); Gomelle (Santiago); Grolos (Santa Cruz); Guntín de Pallares (San Salvador); Lamela (Santa Mariña); Lousada (Santa Eulalia); Monte de Meda ( San Martiño); Mosteiro (Santa María); a Mota ( Santo Estevo); Mougán (Santa María Madanela); Navallos (San Pedro); Ourol (San Xulián); Piñeiras (San Mamede); Pradeda (Santa Eulalia); San Cibrao de Monte de Meda (San Cibrao); San Mamede de Lousada (San Mamede); San Romao da Retorta (San Romao); Santa Cruz da Retorta (Santa Cruz); Santa Euxea (San Xoán); Santa María de Ferroi
(Santa María); Sirvián (Santa María); Vilamaior de Negral (San Lourenzo); Vilameá (San Martiño); Vilamerelle (San Vicente); Vilarmao (San Miguel); e Zolle (Santa María).

Dende unha óptica histórica a presenza humana neste concello queda patente nos vestixios atopados das seguintes culturas: da cultura megalítica (3500-2000 a.d.C.) -medorras de San Fiz, campo das mamoas de Lousada etc.-; da Idade do Bronce (1500-600. a.d.C) –petrogrifos de Monte de Meda- ; da cultura castexa (sec. VI. a.d.C- II d.d.C) – hai constancia de trece poblados-. Na Idade Media o mosteiro de Ferreira de Pallares – fundado segundo uns a finais do século X polos condes D. Ero e dona Laura e, segundo outros, de orixe incerto- constituíu o eixo histórico central deste municipio. Nos seus inicios foi un mosteiro mixto ata que os monxes benedictinos se fixeron cargo. Logo, pasou por diferentes etapas: ao comezo foi abadía e, logo, dende o ano 1517 ata a súa exclaustración do ano 1835 quedou como priorato dependente do mosteiro de Samos. Na actualidade é unha relevante igrexa parroquial con importantes vestixios románicos e protogóticos, pertencente á diócese de Lugo. Finalmente, a aparición do concello está relacionada coa división municipal do ano 1845.

A nivel económico, o sector agropecuario é a principal rama de actividade para o emprego da poboación. Neste sector cómpre salientar a cabana bovina láctea, aínda que é mester distinguir tamén as granxas de gando porcino. O sector secundario ou industrial e case inexistente. Pola contra, o sector terciario correspondente á área do comercio e servizos ocupa a un 12,3% da poboación, destacando os servizos ligados coa administración municipal, servizos sociais, o pequeno comercio e o transporte.
Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e esmoleiros (1)

Relación Numérica:
1. Castelo/ 2. Constante/ 3. Entrambasaugas/ 4. Ferreira de Pallares/ 5. Ferroi (Santa María)/ 6. Ferroi (Santiago)/ 7. Francos/ 8.Gomelle/ 9.Grolos/ 10. Guntín/ 11. Lamela/ 12. Lousada (San Mamede)/ 13. Lousada (Santa Eulalia)/ 14. Monte de Meda (San Cibrao)/ 15. Monte de Meda (San Martiño)/ 16. Mosteiro/ 17. A Mota/ 18. Mougán/ 19. Navallos/ 20. Ourol/ 21. Piñeiras/ 22. Pradeda/ 23. Retorta (S.Román)/ 24. Retorta (Santa Cruz)/ 25. Santa Euxea/ 26. Sirvián/ 27. Vilamerelle/ 28. Vilamayor de Negral/ 29. Vilameá/ 30. Vilarmao/ 31. Zolle
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES