Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Guerra de Ifni (2)

martes, 22 de mayo de 2018
A Guerra de Ifni (2)Desde estas terrazas, no 57, defendemos o Banco, con sacos de terra e unhas cantas armas.

Pola mañá, oficina; de tarde, durmida; e de noite, garda. Para ir polas caixas dos cartos ao aeroporto, que nos viñan do Banco de España, Las Palmas, eu collía a miña Star e poñíaa no meu coche, encima da caixa lacrada.

Tivemos que deixar de traer billetes de a 1.000 pesetas porque os nativos comprábanos a razón de 1.100 ou 1.200 ¡para levalos, para escondelos, en Tanger!

Dúas anécdotas:

-Casado por poderes, un 13, ¡trece e martes! (13 de Xuño do ano 1953), despois de invitar a comer a estes compañeiros, no Casino, para celebralo (eles obsequiáronme con este tapiz de fondo, por certo que ben elocuente), funme para a miña habitación do hotel Suerte Loca, (a número 2, pero aquel día en solitario), e, de ben comido, entroume o sono! Espertei a iso das dúas da mañá, co comedor cerrado, obviamente, así que pasei unha noite de vodas curtísima, pero... tranquila!

A outra anécdota:

-Aos poucos días, un domingo, chegou a noiva a Sidi Ifni, precisamente nun destes avións.

Era costume recibir aos familiares na propia escaleira do avión, pero aquel día o Vixiante impediume pasar da terraza:

A Guerra de Ifni (2)-¡Es que viene mi mujer....!

-El General me ordenó prohibir los acercamientos. ¡Medidas de seguridad, supongo!

Ao domingo seguinte, que fomos ao aeroporto, tamén estaba alí o General Tutor (Venancio Tutor Gil).

Atrevinme a dicirlle:

-Mi General, el domingo pasado no me permitieron que esperase a mi mujer ahí abajo, y hoy veo que bajan... ¿Ya no hay precauciones?

-Chico, disculpa; me lo habían pedido aquellas mujeres que estaban arriba, aquí, en la terraza... ¡Como es natural, querían ver vuestro beso, el de los novios! Este Territorio, es tan aburrido...!

Se non se tratase do Gobernador, polas ganas daríalle un cometón!

-.-

Ifni, a filla pródiga

Coa Península irradiada de corredoiras (Camiños de carro), isto que sigue é unha mostra das nosas prodigalidades ifneñas, contemporáneas, ou máis exactamente, Fránquicas. ¿Débedas da guerra de España? ¡Iso, ademais daquel favor de devolvelos a Covadonga!

.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES