Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gravacións da TVG

jueves, 27 de septiembre de 2007
Fixo correr ríos de tinta, se nos acollemos ó vello tópico da información na prensa escrita, pero tamén fixo vibrar as ondas sonoras na radio e vibrar os terminais onde se consulta Internet o feito de que se fixese público o contido dunha conversa entre un político e un televisivo galego que se supón tivo que ser gravada para poder ser reproducida ó pé da letra.

Que unha conversa deste tipo se grave, é unha prevención, un instrumento de presión, un elemento moral de proba… con tódalas dúbidas que se queira en relación coa procedencia deste feito. E que pode valer como base para sospeitar que outras gravacións puideran efectuarse.

Sobre eso, os xuristas poderán pronunciarse, os interesados opinar, e os que conversen cuidar as palabras, pero hai outras gravacións feitas sen coñecemento previo dos afectados que resultan vergoñentas, impropias dunha TV seria.

Tarde de verán, cafetería de Eroski (Lugo), unha rapaza increpa ó rapaz que ten ó lado porque -afirma- lle tocou o traseiro. O rapaz, inocente, responde que de ningunha maneira. Un terceiro, atlético, resolto, achégase para darlle a razón á rapaza en canto ó tocamento. O rapaz, que non sabe como explicarse en relación co inexistente feito. Cando a discusión sube de ton, e todo é posible, explícanlle que se trata dunha cámara oculta, que será emitida pola TVG en setembro.

Parécenos moi serio un feito así, e as gravacións así obtidas de dubidoso gusto e procedencia.

Estas gravacións televisivas ata agora non foron prohibidas. Día ten que chegar que o sexan, por improcedentes, por indecentes, por impropias.

Das outras, que a política ou a xustiza decidan. Por certo: Tamén destas se podían ocupar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES