Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Súas Altezas e a Conexiña

miércoles, 26 de septiembre de 2007
A miña casa natal en Vilalba estaba na Porta de Cima (legalmente, Calle del General Mola), número vintecatro, case frente por frente da chamada Casa Casavedra, na que vivía a familia dos Rouco-Varela.

Contábame miña nai que a señora Dorinda, a miña madriña, en canto me puido sacar á rúa, paseaba fachendosa ó neno –para ela, fermoso- cruzándose ás veces co Tuchiño, o rapazote Rouco que ía para cura, que calzaba uns zapatóns enormes e poseía un humor e unha sorna incribles, como os seus amigos poden acreditar. E o Tuchiño, para facela rabear, increpaba á miña levadora decíndolle: ¡E para onde vai con ese conexiño?.

Miña madriña non subía polas paredes, pero reconcomíase toda por aquela agresión verbal contra a preciosidade que levaba no colo.

Fai daquela sesenta anos, e aínda que nos tratamos e nos levamos ben, non teño tanta confianza con Rouco Varela nin ocasión como para lembrarlle o tema, e menos para preguntarlle se segue mantendo o mesmo humor e a mesma sorna, en similares casos.

Non creo, porque a dignidade do cargo obrigarao a manter as formas. Polo menos, aínda que non tivese o importante cargo que ten, eu non me imaxiño ó Cardeal e Arcebispo de Madrid, dirixíndose ós Principes de Asturias na ceremonia de hai uns días cando presentaron á pequena Sofía, Infanta de España, diante da Virxe de Atocha, preguntándolles na porta da igrexa: ¿E onde van as Súas Altezas con esa conexiña?.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania