Ana María Victoria Moreno Márquez
Cachaza Platas, Mercedes - viernes, 18 de mayo de 2018
Co gallo do centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro o día 17 de maio do ano 1963, quedou instituído o DÍA DAS LETRAS GALEGAS tódolos días 17 de maio de cada ano.
Este ano 2018, a escritora elixida pola Real Academia Galega da Lingua é ANA MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ que naceu en Extremadura ó remate da Guerra Civil Española.
Súa nai era malagueña de profesión mestra.
Seu pai era de Toledo.
A súa vida foi bastante movida e axitada aínda que sumamente fructífera.
-En Cáceres tocoulle nacer.
-Pasou un tempo en Sepúlveda (Segovia) onde súa nai estivo de mestra. Alí quedou orfa de pai.
-Foise a Barcelona con doce anos, onde fixo o Bacharelato.
- Despois pasou 5 anos en Madrid, onde estudiou Folosofía e Letras na rama de Filoloxía Románica na Universidade Complutense.
-E Madrid coñeceu a un invidente chamado José Luis LLácer, co que casou; que foi trasladado ó Colexio da ONCE de Pontevedra.
-En Pontevedra pasou catro anos.
-Logo dous anos nun instituto de Lugo.
-Outros catro en Vilalonga.
-Volveu outra xeira a Pontevedra.
-O seguinte foi o Instituto Masculino de Lugo, onde coñeceu a Xesús Alonso Montero que a convertíu en activista da Lingua Galega.
En Lugo namorouse da Lingua Galega e de Galicia enteira.
Dicía:
SE COMO O PAN AMASADO POLOS GALEGOS E O PEIXE COLLIDO POR ELES, DEBO FALAR A SÚA LINGUA E ESCRIBILA
-Volveu outra vez a un Instituto de Pontevedra onde impartíu Lingua Castelá
-Alí fíxose Membro dos Amigos da Cultura de Pontevedra e entrou profundamente en contacto coa LINGUA GALEGA no ano 1974, cando o galego aínda estaba prohibido.
-Retiráronlle o pasaporte cando tiña 36 anos.
-Como non tiña fillos, adoptou unha nena e un neno chamados: Begoña e Carlos.
-En 1975 publicou o seu primeiro libro: MAR ADIANTE, un libro de literatura infantil.
-Tivo un librería, a LIBRERÍA XUNTANZA, onde se vendías libros de Castelao que daquela estaban prohibidos.
Seguíu escribindo: OS NOVÍSIMOS DA POESÍA GALEGA, O CATAVENTOS, E HABERÁ TIRÓN DE ORELLAS.
Un libro para a mocidade titulado: ANAGÓRISE, que foi un libro recoñecido no Consello Internacional do Libro en 1990 no que lle dí á xuventude:
AS PERSOAS ESTAMOS FEITAS PARA LEVAR ADIANTE OS FEITOS MÁIS FERMOSOS
Esta frase está gravada na placa que o Concello de Pontevedra colocou en 2006 na ponte da avenida de Vigo.
-Ós 57 anos quedou viúva e, por se eso fora pouco, tivo que enfrontarse ó CANCRO DE MAMA, pero segíu escribindo e cando tiña 60 anos publicou: GUEDELLAS DE SEDA con recoñecemento internacional para a mocidade, en MUNIC
-Os 64 anos cosou cun cubano chamado Pedro Ferriol e pubicou outro libro titulado: DIARIO DE LUZ E SOMBRA e ELEXÍA DE LUZ ó mesmo tempo que o cancro seguía avanzando.
Recibiu unha calurosa homenaxe na Feira do Libro de Pontevedra, legou os seus libros ó Instituto Torrente Ballester de Pontevedra e faleceu en 2005.
-En 2009 publicáronlle a obra póstuma titulada ONDE O AIRE NON ERA BRISA
-Tamén escribíu libros de texto de Literatura Galega para o alumnado de terceiro de Bacherelato Unificado e Polivelente.
En enrecoñecemento á súa dilatada vida en defensa do idioma galego estamos dedicándolle O DÍA DAS LETRAS GALEGAS deste ano 2018.
Ela fai o número 55 das persoas homenaxeadas, a maioría homes; pero pasiño a pasiño as mulleres con tesón e moito empeño, tamén se van abrindo camiño.
Chegará o día en que non seremos nin machistas, nin feministas: sencillamente seremos persoas e construiremos unha sociedade integrada por persoas, e daquela non haberá discriminación por razón de xénero.
Moitos nenos e nenas, rapaces e rapazas de hoxe en día estudian a vida e obra desta gran escritora e ben seguro que dentro duns anos veremos os seus froitos.
Con persoas así, o noso idoma progresa, porque o noso idioma é un idioma vivo e pase o que pase, irá superando os atrancos que se lle presenten.
A todos nos corresponde usalo e transmitilo como un legado de identidade galega a través do tempo.
Moitas grazas.
Mercedes Cachaza é alumna da UNED Senior en PADERNE (A Coruña).

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora