Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A ampliación de Rande

miércoles, 26 de septiembre de 2007
Quen teña memoria, que lembre. Que recorde o traxecto interminable entre Vigo e Pontevedra, que agora se fai nuns minutos e antes levaba máis dunha hora.

O único bo daquela situación é que, entroutros pobos fermosísimos, a estrada pasaba por Arcade, que sempre era ocasión excelente para unha parada.

Pero para os viaxeiros por cuestión de traballo, e a inmensa maioría dos que o fan por lecer, a Ponte de Rande entrou na relación das marabillas de Galicia, por agora non establecidas, pero cando se faga esta ten que ser unha das modernas xoias da nosa técnica.

Cando Rande entrou en funcionamento pareceunos que era unha obra para máis dun século, e máis se se trata dunha autopista de pago para a maioría dos que por ela viaxamos. E sen embargo, nun cuarto de século, precisa xa ampliación porque o tráfico o impón.

A nova, conforta, e máis se se complementa cunha autovía libre entre Vigo e Pontevedra, cun custo total de arredor de mil millóns de euros.

Puidera parecer que esta obra só afecta ó sur de Galicia, pero non é así. Esta ampliación, e nova autovía libre de peaxe entre Pontevedra e Vigo, é moito máis ca un beneficio para as dúas cidades e as súas comarcas. É un directo beneficio para toda Galicia, entendida como unidade, que utiliza –aínda que sexa pagando relixiosamente- unha excelente vía costeira desde Ferrol a Portugal, e ten que ser entendida como a primeira gran vía de comunicación do oeste galego, enlazada co resto das autovías existentes ou futuras.

O de Rande e a nova autovía é unha excelente noticia para toda Galicia. ¡Que todos a vexamos!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES