Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desculpen as molestias

jueves, 17 de mayo de 2018
Xa que hai uns días fixen referencia á folga do funcionariado de Xustiza, relatando o meu caso persoal a modo de exemplo de como esa reivindicación salarial nos afectou en maior ou menor medida a milleiros de galegos, permítame, benquerido lector, que lle poña o ramo ó asunto cunha segunda parte da que fun remitente a través do correo electrónico, concretamente, o pasado sábado ás 11:57.

Por se non leu a columna anterior -cousa máis que posible-, resúmolle que o que fixen no artigo anterior foi contar como dende o día 3 de febreiro -é dicir, hai tres meses e pico- a miña familia e máis eu levamos agardando por un certificado de defunción de meu pai, sen o cal non fomos quen de facer practicamente ningunha xestión relativa á titularidade de contas, sucesións, etc..., a non ser a pensión de viuvez de miña nai, porque houbo na Seguridade Social quen maliciaba que a cousa ía para longo e tramitouna sen a perceptiva documentación requirida.

Pois ben, logo de estar tantos días agardando a chegada do devandito certificado, tal día coma o sábado -repito- recibín a seguinte comunicación:

"A súa petición non puido ser atendida por mor da folga indefinida que desde o pasado día 7 de febreiro de 2018 viñeron realizando os/as funcionarios/as deste Rexistro Civil.

Dadas as numerosas peticións amoreadas no sistema, non é posible acceder ós datos da súa petición (datos que, curiosamente, estaban incluídos na propia contestación ó meu correo), polo que no caso de non ter sido xa atendida, pregámoslle que REITEREN (sic) de novo a súa solicitude para que lles sexa remitida coa maior brevidade. Desculpen as molestias".

Poñamos por caso que, no canto de ser, a miña petición, un simple certificado de defunción (que non lle debera ocupar moito máis tempo, ó funcionario ou funcionaria que me contestou, có tempo que ocupou en escribir a contestación), a miña causa tivese que ver con algún proceso penal que supuxese a miña saída do penal ou o cobro dunha indemnización por calquera falta da que eu puidera ser víctima.

Velaí, entón, como se sustanciaría a consecuencia dunha folga a que eu non lle resto ningunha faísca de dereito, pero que estou ben seguro que lle causará máis ca males veniais a unha boa morea de galegos de entre os 17 mil expedientes que seica se teñen que comezar a reactivar: Desculpen as molestias.

Desculpen as molestias. Algo así como fan os capataces das obras cando colocan unha valla que restrinxe temporalmente o tráfico nunha rúa ou nunha estrada.

Pois ben, desculpamos as molestias e non se fale máis. Ora ben, conscientes de que entre ámbolos dous casos hai unha sutil diferencia. O exemplo que acabo de poñer sería para mellorar un servizo que nos beneficiaría a todos, mentres que no caso que nos ocupa, non lin eu unha liña só na que se diga que a folga foi para mellorar o servizo ó administrado.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania