O enterro da Sardiña na cidade de Lugo (13)
Blanco Prado, José Manuel - miércoles, 16 de mayo de 2018
Ano 2002
Ferretes do Enterro da Sardiña
Nos ferretes que «O Gran Espetón» vai pronunciar na Praza de España faise unha crítica ao príncipe; ao exceso de coches que se atopan polas rúas; á falta de seguridade en Lugo en canto ao roubo de coches... Pola contra, tamén hai unha louvanza, que recibe a Corporación municipal, por dar luz verde ao problema da Tinería.
A todo o pobo de Lugo
e ó persoal forasteiro
escoitade con atención
do voso irmán Espetón
o ferrete parrandeiro.
ESTRIBILLO. (1). Recitar todos.
O CONCELLO DE LUGO
É O ULTIMO DO CARRO
DIN CA CULPA TENA OROZCO
E TAMÉN PACO CACHARRO (1)
Con afrentas e dislates
non se amaña a situación,
noso pobo necesita
xente de máis comprensión. (1) Estribillo.
Hai peixes «Gordos»
que solo miran
o noso ben...
vivindo sempre
do «aire sano»
que nos mantén. (1)
Mouros na Costa
«España va bien»
¿e a nosa Flota
quen a mantén? (1)
Vaino a ter moi difícil,
con o PP candidato
de profesión Zapatero
se non me falla o dato. (1)
Ante o seu novo pisito
o principe sonreíu
¡ Eu me pregunto abraiado!
¿E todo este despilfarro
de onde coño saíu? (1)
Múltiples bravos lles damos
seus fillos agradecidos
a nosa Corporación.
Que despois de tantos anos
parece que conseguíu
o que este pobo quería:
Que toda a Tinería
deixe de ser un rincón
e pola rúa do Miño
se poida pasear un meniño
sen medo nin precaución. (1)
«Levántate e anda»
Lázaro poido escoltar,
Levantado está todo Lugo,
mais andar non se pode andar. (1)
Polas rúas de Lugo,
non se pode camiñar,
de tantos coches que nela
están sempre a aparcar. (1)
Pedímoslle ó señor Liñares,
que arranxe este percal,
que poña aos municipais,
onda eles teñen que estar. (1)
A seguridade que ofrece
este Lugo singular,
¡é que lle rouben o coche
ó concelleiro principal...! (1)
.
Parece ser que Eva Sanum
xa non vai ser princesita
desamores amañados
eso é o que han tramado
¡ Que llo conten a Rita» (1)
O Buque Insignia de Lugo,
é a Muralla e o Breogán,
por eso Paco Cacharro
non deixa de «traballar»... (1)
E vostede señor Presidente
da gloriosa Reputación,
non faga oídos sordos
ás chamadas de atención. (1)
Se o «Progreso» se nos reduce
para o ano 2010
¿ Que coño fai neste pobo
a Corporación a tres? (1)
En fin, bailen todos, os tres,
PP, PSOE e BLOQUE,
que os lucenses melloraremos
cando a sorte nos toque. (1)
Non fagan caso, señores,
que aquí se vive moi ben,
fai as festas Manolita
e as queimadas D. Manuel. (1)
Todo o Concello quere
sanear a poboación,
e o pobo agradécello
todo cheo de emoción.
Botellas, cacharros e cascos
¡ todos ó contenedor! (1)
Para falar do monumento
da magna Humanidade,
agora xa os lucenses,
presumimos de cidade. (1)
Ser seremos os últimos
en riqueza e benestar,
pero quedamos primeiros
coa Muralla a rebentar. (1)
Que aquí non chega o tren
nin hai comunicación...,
¿Para onde imos marchar?
¿Onde se vive mellor? (1)
A Señora Branca Pazos
que descanse unha miguiña
que tampouco amaña tanto
por ir moito máis asiña,
que coma algo de cocido,
que lle perdoa o Señor
aínda que seña Coresma
logo vén a contrición. (1)
Pero o noso alcalde que teña
coidado co pantalón,
que logo o cinto non lle ata
con tanta satisfacción. (1)
Sufrido pobo lucense
aquí remata o repertorio
en verdade vos prometemos
que o próximo ano estaremos
aquí fronte ó Consistorio.
¡VIVA O ENTROIDO!
En resumo, podemos dicir que o Enterro da Sardiña amosa certos trazos de liberdade -que algúns poden confundir con irreverencia-, de inversión de roles. É unha oportunidade propicia para manifestar libremente e nun tono humorístico, de bulra, sarcasmo, a crítica as autoridades e normas sociais.
BIBLIOGRAFÍA SOBRE O TRABALLO
BARREIRO VARELA, José (1993): «Anecdotario Lucense». El Progreso, no2.
BOZAL, Valeriano (2005): Francisco de Goya, vida y obras (2 vols.). Madrid.
COCHO, Federico (1992): O Carnaval en Galicia. Xerais, Vigo.
CHIVITE, Taboada (1972): Etnografía Galega. Cultura Espritual. Galaxia, Vigo.
DIARIOS GALEGOS: EL PROGRESO e LA VOZ DE GALICIA.
GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio (1991): As festas cíclicas do ano. Museo do Pobo Galego. Manuais, no 2. Santiago de Compostela.
MADOZ, Pascual (1847): Diccionario geográfico, estadístico, histórico de España, t. X. Madrid.
MARIÑO FERRO, Xosé Ramón (2003): O Entroido ou os praceres da carne. Cadernos do Seminario de Sargadelos, no 84, 2a ed. Ed. Castro, Sada (A Coruña).
MESONERO ROMANOS, R. (1986): Escenas matritenses. Espasa Calpe, Madrid.
RISCO, Vicente (1979): «Etnografía: Cultura espiritual», en Historia de Galicia. T. I. Akal, Madrid.
ASOCIACIÓN CULTURAL «VAL DE FRANCOS» (1993): Máis de media ducia de escritores chairegos e o antroido. Gráficas Lucenses, Lugo. Coord. Xosé Manuel Carballo.
BLANCO PRADO, José Manuel (2005): «1a Exposición sobre o Entroido na provincia de Lugo». Boletín do Museo Provincial de Lugo. Servicio de Publicacións da Deputación Provincial, páxs. 203-222.
BLANCO PRADO, X.M. e GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. (2006): «O Entroido na Ribeira Sacra e en Salcedo. O volante, o peliqueiro e o oso». En Tempos de Festa. T.I. Fundación Caixa Galicia, A Coruña, páxs.127-137.
BLANCO PRADO, X.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carme (2009): «Achegas históricas ao Antroido do Val de Francos (Castro de Rei) no século XXI». Rev. Croa (Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga), no 19, páxs. 58-84.
BLANCO PRADO, X.M. (2009): «O Entroido na Diócese de Lugo. Achegas históricas ao Entroido na Ribeira de Chantada». En Lucensia (Biblioteca Seminario Diocesano), no 39, Lugo, páxs. 363-370.
BLANCO PRADO, X.M. (2010): «O Entroido na Diócese de Lugo. Achegas históricas ao Entroido na freguesía del Salcedo». En Lucensia (Biblioteca Seminario Diocesano), no 40, Lugo, páxs. 163-172.
BARREIRO VARELA, José.: Anecdotario Lucense. Lugo: Biblioteca «El Progreso», no2, 1993, pax.72
BARREIRO VARELA, José.: Anecdotario Lucense. Lugo: Biblioteca «El Progreso», no 2,1993, px.73.
O ENTERRO DA SARDIÑA NA CIDADE DE LUGO (1986-2002)
BLANCO PRADO, X.M. (2012): «2a Exposición sobre o Entroido na provincia de Lugo». En Boletín do Museo Provincial de Lugo. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial. No prelo.
BLANCO PRADO, J.M e PERNAS BERMÚDEZ, Carme (2012): «O Entroido Ribeirao. Santiago de Arriba (Chantada) (Lugo)». En Croa (Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga), no 22, páxs. 78-105.
BLANCO PRADO, X.M. (2012): «O Entroido na Diócese de Lugo, III, O Xoves de Compadres e o Xoves de Comadres nas Terras de Lemos». En Rev. Lucensia, no 45, páxs. 378-389.
BLANCO PRADO, X.M. (2013): O Entroido en imaxes: mostra fotográfica da provincia de Lugo. Deputación de Lugo. Vicepresidencia. Rede Museística Provincial.
BLANCO PRADO, José Manuel (2014): Autor da foto da portada do libro «O Teatro no Entroido de Salcedo (A Poboa de Brollón)», Deputación Provincial de Lugo, 2014.
BLANCO PRADO, X.M. (2015): «Aportacións sobre o Entroido Lucense». En Anuario Brigantino no 36, Betanzos (A Coruña), páxs. 495-513.
CARO BAROJA, J. (1983): El Carnaval. Taurus, Madrid.
COCHO, Federico (1992): O Carnaval en Galicia. Xerais, Vigo, 2a ed.
GATO SOENGAS, Antonio (1992): O Entroido de «Casa de Naia». Lugo, Deputación Provincial.
GONDAR PORTASANY, Marcial (1993): «As máscaras do Poder. A linguaxe do carnaval». En Crítica da Razón Galega. Entre o nós-mesmos e nós-outros. A Nosa Terra, Vigo, páxs. 161-166.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. e MARIÑO FERRO, X.R.: Entroido en Galicia. A Coruña, Deputación, 1985.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. (1997): Guía de festas populares de Galicia. Galaxia, Vigo.
LISÓN TOLOSANA, C. (1971): Antropología Cultural de Galicia. Ed. Siglo XXI, Madrid.
LISÓN TOLOSANA, C. (1974): Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega. Akal, Madrid.
MARIÑO FERRO, X.R. (2003): O Entroido ou os praceres da carne. Ed. do Castro, Sada, 2a ed.
RISCO, Vicente (1979): «Etnografía: Cultura espiritual». En Historia de Galicia, t. I. Akal, Madrid, pp. 225-763.
SABELA FIGUEIRA TENREIRO (2008): «O Antroido onte e hoxe. Achegas ao estudo desta festividade na Terra Chá». Revista de Investigación de Galicia Encantada. Revista electrónica de investigación / ISSN 1887-2859. Lugo.
TABOADA CHIVITE, Xesús (1972): Etnografía Galega. Cultura Espritual. Galaxia, Vigo.
VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, Xosé Manuel (1995): «O entroido nas ribeiras de Chantada. A persistencia da festa». En Boletín do Museo Provincial de Lugo, t. VII, vol. 2, pp. 249-258.
NOTA DE AGRADECEMENTO
Este traballo sería bastante difícil de levar a cabo se non fose pola colaboración aberta e xenerosa de Mercedes Barreiro González e do seu esposo, Andrés Rubino Fernández.

Blanco Prado, José Manuel