Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Letras Galegas

jueves, 17 de mayo de 2018
O 17 de maio de 1863, Rosalía de Castro remataba o seu libro “Cantares Gallegos”, o primeiro monumento das letras galegas, posterior á época dos cancioneiros medievais. Con él a lingua galega,que acababa de recuperar a súa vella condición de lingua escrita, acadaba tamén o alto rango de lingua literaria. A poesía de Rosalía transcendía o carácter testimonial que ata entón tiveran as obras dos seus contemporáneos e inscribíase plenamente no libro maior da literatura, consagrando deste xeito o renacemento cultural do século XIX.

Cen anos despois (en1963),a Real Academia Galega, xurdida precisamente daquel Renacemento, da que era presidente o noso veciño de Lourenzá, e amigo, don Francisco Fernández del Riego,acordaba instituir o 17 de maio de cada ano como DIA DAS LETRAS GALEGAS. O que a Academia pretendía con aquela medida era restablecer a relación dos galegos coa súa literatura, a mais outa manifestación da lingua propia de Galicia, e honrar a aqueles escritores que, pola importancia da súa obra, foran merecentes dunha homenaxe colectiva.

O primeiro homenaxe foi para a propia Rosalía; e dende entón as grandes figuras das nosas letras designadas, ano tras ano, para seren celebradas ese día; galegos e galegas exemprares aos que recordamos polo seu patriotismo e pola entrega xenerosa do seu talento ó patrimonio espiritual da terra na que naceron.

Iste ano a R.A.G. tomou o acordo de dedicar a efemérede á escritora e poeta Mª Victoria Moreno Márquez. Nacida en Valencia de Alcántara e finada en Pontevedra en 2005: editora, traductora, conferenciante, profesora… Na mesma reunión foi designada Académica de Honra, a ilustre escritora, conferenciante, artirismáticasculista e investigadora mindoniense Marina Mayoral, que na súa adolescencia e xuventude fora asídua dos veráns focegos…

É abondosa a súa producción narrativa en galego e castelán que abrangue unha numerosa colección de exitosos títulos; que fan dela unha das mais carismáticas intelectuais da nosa terra e dende logo a mais fonda coñecedora da obra de Roslía de Castro, á que ten dedicado mais numerosos e fieis traballos de crítica literaria.

María V. Moreno, licenciada en Filología Románica, chegou a Galicia en 1963 e asiña asumiu a cidadanía en galego e unha importante labor sobreaneira no eido da literatura infantil e xuvenil, publicando numerosos libros: Mar adiante, Anagnóresi,Leonado e os fontaneiros, Gedellas de seda e liño, Diario de luz e sombra…

Ela, soubo transmitir a paixón pola lingua e a literatura galegas, un dos súas mais destacados méritos que a R.A.G. tivo en conta para dedicarlle o Día da Letras Galegas, deste ano de 2018.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES