Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O legado dos avós

jueves, 17 de mayo de 2018
En tempos pasados, principalmente no medio rural, convivían tres xeracións: avós, fillos e netos, sen contar con tíos, cuñados, etc...
Ós que nos tocou criarnos no regazo dos avós, sabemos moi ben o que eso significa.

Os avós dábannos moito mimo, eso si; pero moitas ensinanzas, tamén.
Tiñan unha cultura e unha filosofía da vida moi exemplar.
No seu regazo aprendemos a primeiras oracións, milleiros de contos todos con moralexa, as primeiras letras, o cálculo mental, a resiliencia, o respecto ás persoas maiores e ás autoridades, o cumprimento do deber, a honradez, a tenrura, o saber administrar o tempo e a vida, etc…
Cónstame que hai algúns avós que se ven privados de ver ós netos, por diferencias cos pais.

Outros que os ven “de pascuas en ramos”.
Eso debe ser moi doloroso para todos, principalmente para a infancia.
En calquera dos casos, todos temos ou tivemos avós.
A vida que viviron os avós é moi diferente á nosa.
A maneira de ve-la vida, tamén é moi diferente.

QUE HAXA DIFERENCIA E MÁIS EVOLUCIÓN, NON SIGNIFICA QUE TEÑA QUE HABER DESCONEXIÓN.
Algo está moi claro: o tempo de coincidencia nesta vida das tres xeracións é moi contado.
Cómpre aproveitalo enriquecéndose mutuamente.
Os avós, as persoas maiores teñen moito que ensinarnos.
Non importa que nós teñamos máis coñecementos de matemáticas, de historia ou de tecnoloxía...
A vida é moito máis que matemáticas, que historia, que tecnoloxía e que tódalas ciencias xuntas.
A VIDA É O CERNE DA MESMA CIENCIA.

Os avós poden ensinarnos:
-COMO SAÍRON ADIANTE SEN A PENAS MEDIOS.
¡Canta estreitura lles tocou vivir!

-COMO SE SACRIFICABAN PARA GAÑARSE A VIDA.
¡Canto deixan camiñado, cantos pesos cargou a súa columna!

-COMO SOUBERON ADMINISTRARSE PARA DARLLES UN PORVIR ÓS DESCENDENTES.
Coñecín unha señora que tiña unha soa saia que traía do revés pola semana e do dereito o domingo.

-COMO SOUBERON CONVIVIR MOITAS PERSOAS BAIXO UN MESMO TEITO COMPARTINDO E TOLERANDO.
Persoas da familia política con diferentes caracteres, diferentes preferencias, diferentes gustos…
¡Aquelo si que era tolerancia!

-COMO CON HUMILDADE E HONRADEZ SE FORON ABRINDO CAMIÑO.
O primeiro que lle dicían a unha criatura é que fora humilde e ben mandada actuando sempre coa máxima honradez.
Face-las cousas mal, significaba pecar e eso estaba prohibido.

-COMO SE PRIVARON DE MIL E UNHA COUSAS PARA CONSEGUIR OUTRAS ME LLORES.
Comían o xusto e do máis económico.
Vestían aproveitando a roupa ata que non aguantaba dos remendos.
Emplantillaban os calcetíns e as medias…
Non sabía o que era tirar nada de nada.

-COMO SOUBERON CONSERVA-LOS COSTUMES, AS TRADICIÓNS E A LINGUA (No caso dos galegoa a lingua galega).
As festas patronais, as romarías, os enterramentos, A LINGUA:o noso principal signo de identidade…

-COMO SOUBERON PERDOAR CANDO UN VECIÑO LLES FACÍA ALGUNA FALCATRUADA.
Un veciño que lles quitaba a auga do prado, outro que lle cambiaba un marco, outro que lle roubaba ás escondidas …

-COMO RESPECTABAN Á MESTRA, Ó CURA, ÁS AUTORIDADES.
Tíñanlles cariño e sabían valorar o seu cometido.
Uníanse para construir ou amañar unha escola, unha rectoral, un camiño público…

-¡COMO DEIXARON FUNDAMENTO PARA TODO!.

EN FIN, QUE O QUE DISFRUTAMOS HOXE É FROITO DO QUE LOITARON OS NOSOS ANTEPASADOS; DO MESMO XEITO QUE NÓS ESTAMOS TRABALLANDO NON SÓ PARA O NOSO SOSTEMENTO, SENÓN TAMÉN PARA DEIXAR UN MUNDO MELLOR ÓS QUE NOS SUCEDAN.

Non somos nada máis que un elo da cadea humana, que chegou aquí non se sabe moi ben cando; pero o que si se sabe é que a vida segue, a vida non se para.

Non cabe dúbida de que se sabemos valorar os esforzos dos avós, estamos sementando o froito que recollerán a seguinte xeración.

Se nós respectamos o pasado, outros respectarán outro día o que nós estamos facendo agora.

“É DE XUSTIZA”
Este será o título do seguinte artigo.

Por hoxe tan só quero expresar o meu agradecemento a tódalas persoas maiores que tanto me deixan ensinado, especialmente ós meus avós.
Grazas eternas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania