Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Guerra de Ifni (1)

martes, 15 de mayo de 2018
A Guerra de Ifni (1) No 60 aniversario daqueles 500 (entre mortos e desaparecidos) que se foron, en tres meses, para “hacer guardia sobre los luceros”.

Xa era costume das guerras de África que a maior parte dos defuntos fosen galegos: Nas do Norte, porque nin indo segar a Castela se reunía diñeiro bastante para paga-las “Cuotas”; e nesta, por azar do sorteo.

Franco escondeuna, pero eu, servidor, ex-combatente dela, coa bandeira xurada e acreditado con estas fotos, por ante a Historia declaro que:

Concentrados no propio campo. ¡Polo estilo dos “últimos de Filipinas”!
O Territorio foi declarado Provincia, provincia 51 das Españas, no ano 1958, ¡desde que as nosas tropas abandonaran a maior parte do seu mapa, minando o entorno da cidade para mellor defendela! Querida Historia, cantas trolas che levan contado, pero eu, aos que me crean, voulles dicir a verdade, demostrándoa con estas fotos.

A HISTORIA DE IFNI, como tódalas historias da Historia tivo, a pesares da súa curta idade, un montón de amaños que non pasaron aos libros. Eu, desde aquela Sucursal do Banco Exterior de España, coñecín uns cantos secretos, terribles, tremendos, importantes, e por conseguinte, incribles. Nada como un Banco para coñecer pecados capitais, gordísimos, imperdoables, pero nos Bancos, coma nos confesionarios dos cregos, manda o secreto profesional, así que..., ¡puntos suspensivos, indefinidamente! Daquela non puiden falar, e agora non ten obxecto porque..., ¡porque non me crería ninguén, ou case ninguén! Ademais, os secretos importantes sen probas non teñen consistencia. ¿Sen probas? ¡Non había gravadoras, así que só as teño gravadas na miña memoria, que por certo me sigue sendo fiel. ¡Fiel, pero, inoportuna! O que me quedan son as fotos, algunha ben elocuente dalgún dos casos, dalgunha das cousas. En consecuencia, pídolle ao lector que se conforme con elas, coas fotos.

España perdeu Ifni, pero..., con iso gañou moito! Economicamente, se entende. De América trouxemos ouro e prata, moita, ¡roubada!, e en África dilapidouse, gastámola. C´est la vie!, que din os franceses.
-.-

A Guerra de Ifni (1)Para comezar, servidor, mecanógrafo no Consejo Supremo de Justicia Militar, (¡Aos 18, tres anos de nada, que os precisei para asegurarme a “fonda” mentres preparaba oposicións de Banca!), onde aprendín a usar a lupa..., para entrever os Secretos de Estado, tantos que había daquela!

E despois, traballando nesta mesa (Departamento de Personal do Banco Exterior de España, Madrid, Carrera de San Jerónimo, 36, ano 1953), souben dunha vacante na sucursal de Sidi Ifni, (África Occidental Española), e déronma a min, ao novato, porque había nese Territorio, daquela, peste bubónica, e os outros solicitantes, sen excepción, como eran de casa rica retiraron as súas instancias. Por esta circunstancia esixíronme ir solteiro. O traslado supúxome pasar de Auxiliar a Oficial 1º con dous trienios, PERO Á CONDICIÓN DE QUE TIÑA QUE ESTAR EN IFNI UN MÍNIMO DE 8 ANOS, CATRO CAMPAÑAS DE DOUS ANOS CADA UNHA, CON DOUS MESES DE VACACIÓNS BIANUAIS.

No XX estaba esquecido o castelo do século XV. A presencia española na rexión data da época dos Reis Católicos, de cando Diego García de Herrera fundou nun lugar da costa utilizado como base temporal de mariñeiros e pescadores españois desde facía tempo (o Río de la Mar Pequeña), unha torre escravista denominada Santa Cruz de la Mar Pequeña (1476 a 1478), Torre de Santa Cruz o Santa Cruz de África, reconstruída en 1496. A importancia do establecemento derivaba de ser base das cabalgadas españolas en busca de escravos. Os españois foron desaloxados en 1524 polos bérberes da zona.

Fernando de León y Castillo. Embaixador de España en Francia. Grazas ás súas xestiones recoñecéronselle a España os nosos dereitos sobre os Territorios do Muni, o Sáhara Occidental e mailo Protectorado do Norte de Marrocos. Nomeado por Real Decreto do 12 de novembro de 1887. ¡Pasmón! Deixouse convencer polo franceses de que Ifni era a nosa, antiga, Santa Cruz de Mar Pequeña; ¡Mar Pequena é a baía de Agadir; esa, esa si!
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES