Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Letras Galegas

lunes, 16 de mayo de 2016
Estamos en víspera de festa grande, xa que mañán, 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas. Ao declaralo día festivo, medra en resonancia pero valeira o día de parte da súa importancia, desprazando todas as celebracións dos colexios a outros días laborables, pero aínda así é festa grande, que aproveitaremos para facer ponte festiva e está marcada firmemente no noso calendario, agardemos que para sempre.

Non é que veña de tempos lonxanos, senón que precisamente mañán cumpre 55 anos desde daquel primeiro día de 1963, cando dous membros da Real Academia Galega, Camilo Goméz Román e o lucense Francisco Fernmández del Riego conseguiron do Ministro Fraga Iribarne autorización para unha celebración que exaltase a creación literaria no noso idioma.

Non é que o idioma estivera prohibido, pero na longa postguerra –daquela ian xa 24 anos- o idioma estaba arredado, esquecido, menospreciado… reducido na súa utilización aos ambientes mariñeiros e labregos, e a pequenos grupos de intelectuais, xente da cultura que sabía o que pasara, e confiaba en que o idioma fose redimido e, de paso, o idioma redimise Galicia.

Aquela presuntamente inocente celebración foi autorizada, e comezou o Día das Letras con Rosalía, que moitos chamaban A Chorona e coidaban non fixera máis ca cantar penas e ledicias sen trascendencia social. E velaquí que medio século despois a súa figura axigantouse para ser a grande muller de letras que o idioma precisou para ser maior de idade.

Ano a ano, día a dia, foise honrando con maior ou menor fortuna a grandes das nosas letras, prestixiando o idioma, honrando aos creadores, facendo camiño ao andar… e o que daquela foi unha grande victoria para o idioma e para Galicia, hoxe, cincuenta e cinco anos despois, parece o máis normal do mundo porque conseguiu un lugar na nosa terra e na nosa xente propio dun idioma milenario, un idioma de cultura, que nos identifica e nos dignifica, que nunca foi tan coñecido, si estimado; que nunca foi tan recoñecido, aínda que a súa utilización non medre como deberá…

Mañán celebramos un auténtico Día de Galicia, por selo do corazón do país, que nos da vida e sendo a esencia do pasado, é a mellor promesa de futuro.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES