Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Da dependencia á autonomía persoal

miércoles, 16 de mayo de 2018
O mércores pasado estiven co alumnado do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (TASPD) do Instituto Lois Peña Novo en Vilalba. Teño que recoñecer que me encanta colaborar con estes ciclos de FP, xa que considero que forman a profesionais que van garantir o futuro das persoas dependentes.

Moitas veces teño dito que a Lei de Dependencia, propiamente dita, non existe. Existe a Lei de Promoción da Autonomía Personal e Atención ás Personas en Situación de Dependencia. Isto supón moito máis que un cambio nominal ; é un cambio radical de paradigma: os TASPD van ser o garante da autorrealización persoal das persoas que teñen algúnha discapacidade física ou psíquica. Polo tanto eu chamaríalles Técnico para a Promoción da Autonomía Persoal (TPAP). Isto significa que esta FP capacita a profesionais que van garantir a dignidade e o porvir das persoas con diversidade funcional.

En que consiste esta profesión? A definición máis xenérica sería dicir que o seu traballo é garantir o acceso á igualdade de oportunidades das persoas con diversidade funcional. A partir de aquí a primeira actitude profesional debe ser a flexibilidade, xa que a/o TASPD ou TPAP vai insertarse nunha vida para dotala de liberdade en todos os sentidos. Vai ser as mans executoras das decisións persoais, as pernas que cheguen onde a persoa non chegue e sobre todo o medio para interactuar libremente nos contextos elexidos pola persoa. Polo tanto estes/as técnicos están garantindo o acceso aos dereitos fundamentais a quen os tiña certamente limitados (ficando a satisfacción dos mesmos en mans de familiares e amigos). Esta profesión libera aos familiares e facilita que a persoa con diversidade funcional tome as rendas da propia vida.

A quen estea facendo TASPD hai que dicirlle que vai desenvolver unha profesión fundamental para a sociedade. Esta profesión precisa vocación e compromiso. A vocación esixe crer e amar o que se fai día a día. O compromiso esixe militancia, loitar pola igualdade de oportunidades nunha fronte común que teza porvir colectivo.

Hai que impulsalo a exercer a súa profesión de xeito emancipador: crendo na persoa e traballando man a man para reverter a dependencia en autonomía persoal.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania