Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xesús Mato, crego e señor

viernes, 11 de mayo de 2018
Xess Mato, crego e seor Xa tiña referencias de Xesús Mato dende moi novo; mais tiven a sorte de coñecelo persoalmente nos primeiros anos da década dos noventa, nas fermosas terras pontevedresas de Camba. Para ser máis preciso, na parroquia de Santa Baia de Camba, na campaña de “Mini” e “Mero” e do crego de dita parroquia, Alvito García Fente. O obxectivo desta xuntanza era recoller cantos populares daquelas terras. A xuntanza foi moi gratificante.

Xesús Mato, nado nas terras de Paradela no ano 1.932, de pais labregos, asistiu á escola rural do seu pobo ó igual que os outros cinco irmáns, para despois realizar a carreira sacerdotal que rematou no ano 58 no Seminario de Lugo.

Exerceu de profesor de filosofía e música nun centro privado e dende o 65 ao 67 foi profesor de relixión no instituto de Lalín, localidade onde exerceu tamén como crego dende o ano 58 ao 67. Eiquí fundou e dirixiu a coral polifónica de Lalín e dirixiu Radio Popular na capital do Deza.

No ano 67 foi destinado a Lugo, cidade onde desempeñou diferentes cargos na Cadea Cope e Radio Popular.

Mato é o autor de música e letra da canción “Fuxan os Ventos” coa que o grupo do mesmo nome gañou en 1.972 en Mondoñedo o certame “As San Lucas”, iniciando unha carreira imparable que o levou ao máis alto da música galega.

Con “Fuxan os Ventos” e outros grupos folklóricos e musicais, creou “Galicia Canta ó Neno”, que levou a cabo 110 actuacións, rescatando a canción e música tradicional galega espallándoa por todo o país, gravando un disco e publicando dous libros. Dirixeu o “Orfeón Lucense”.

Dende o ano 70 colabora en prensa, radio e televisión, pronunciando numerosas conferencias. Ten recollido milleiros de contos populares galegos.

Pola súa adicación ós demáis e polo seu traballo ten merecido numerosos premios e distincións: “Lucense do Ano” (1.991), V Premio Moncho Valcarce (1.998), Premio Cultura Tradicional María Castaña ou o Premio de Xornalismo sobre o Nadal de Begonte (2.009).

O Concello de Paradela, por unanimidade, nomeouno “Fillo Predilecto”, distinción que recibiu nun multitudinario acto o 19 de xuño de 2.005.

No ano 2.009 un centenar de amigos xuntáronse para facerlle un libro-homenaxe baixo o título de “Mato sono io...” (Eu son o tolo), conformando un conxunto de opinións que reflicten a medida humana e a grande dimensión –vida e obra- de Xesús Mato.

A intensidade coa que vive Xesús Mato, a solidariedade que verte para os máis necesitados, o traballo incansable no eido musical e cultural de Galicia, entre outras moitas actividades, fai que ó longo da súa vida recibise numerosos recoñecementos.

Xesús Mato é un crego que da exemplo entre a súa veciñanza, exercendo como galego, en galego; caracterizándose por ser un home en acción. Non é ningún teórico, nin agarda a que sucedan os acontecementos. Xesús Mato, Crego e Señor.
Rodríguez Porto, Ramón
Rodríguez Porto, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES