Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morrer en Galicia

lunes, 24 de septiembre de 2007
Parece como se no morrer non houbese diferencias, e fose verdade o que opinan as nosas xentes de que este tránsito nos iguala a todos.

Certamente, a morte lévanos a todos sen distinción ó que vimos chamando “mellor vida”, por esperar que sexa diferente, máis elevada que a que agora temos, e na que desaparezan preocupacións que agora nos parecen vitais e trascendentes.

Pero o que non é igual é o xeito de morrer, e de feito oracións houbo para impetrar unha morte doce, e algún Cristo da boa morte hai pola nosa xeografía. Supoñendo que a boa morte é a que sucede rápido, sen dor, ás veces sen que o afectado se dea conta e, sobre todo, sen unha longa etapa de enfermidade previa.

Pero hai mortes e mortes, e Galicia sabe moito deso xa que é a terceira comunidade española en número de suicidios, tendo só por diante Andalucía e Catalunya.

O tema foi sempre espiñoso, en Galicia case innombrable, e tempo houbo no que os medios informativos, aplicando un código ético non escrito, silenciaban os suicidios no entendemento de que difundir unha destas mortes viña ser animar a posibles indecisos.

Durante 2006, suicidáronse 245 galegos, cifra moi importante polo que supón de situacións terminais, de problemas insolubles, de soedades, de miserias.

Afecta, de xeito especial, a xente maior. Xeograficamente, a zona de Ferrol é a máis afectada. E tradicionalmente o outono galego, a falla de luz, a monotonía, teñen levado as culpas dos suicidios nos que parece ser tamén pode haber un compoñente xenético.

Morrer hai que morrer. Pero, nesa seguridade, para tódolos nosos internautas, e para tódolos galegos, nós desexamos que morran de vellos e en perfecto estado de saúde.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania