Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha nena de Basilea na Coruña

miércoles, 09 de mayo de 2018
Xosé Lois Méndez Ferrín remata aquel libro esencial para a cultura galega que é “Con pólvora e magnolias” cun poema ao xeito de reivindicación titulado “Reclamo a liberdade para o meu pobo”.

Este é o refrán que une unha serie de estrofas de gran emotividade. Entre elas a seguinte:
“Nunha nena de Basilea de seis anos
que cantou para min a Internacional en idioma galego
e non puiden reter o pranto
e foi no mil novecentos setenta e catro. “

Onte, ou máis ben o martes pasado, 1 de maio saíron ás rúas moitas persoas reivindicando de xeito festivo traballo e dignidade. Ao final das reivindicacións cantouse o himno galego e a Internacional, escrita por Eugène Pottier que ficou como principal himno obreiro a nivel mundial. É abraiante como o poema se foi adaptando coa mesma música a practicamente todos os idiomas polo menos occidentais. A letra con leves variacións vai sempre no mesmo sentido, conservando a esencia do poema orixinal.

En galego, tamén existen múltiples variacións e versións como a de Navia Rivas pero sen dúbida unha das máis curiosas foi a que aparece nun capítulo de Padre Casares, cando Amador, comunista teoricamente convencido, morre e deixa como última vontade ser enterrado cristianamente.

Isto provoca un rifirrafe xa habitual entre a igrexa e o concello que se salda coa realización do funeral pero á saída do mesmo o alcalde ten preparada unha banda e o coro da propia igrexa para cantar a Internacional en Galego.

Obviamente estamos a falar dunha comedia, non en tanto, constitúe un fito que nunha serie da Tvg se inclúa a Internacional en galego.

Todo é unha anécdota que se repite os primeiros de maio polas rúas galegas pero é importante que un himno internacional se cante en galego, demostra que o mundo e o internacionalismo pódese sentir no idioma materno, naquel que se sinte no corazón, que quizais como dicía alguén é o mesmo no que se xura por primeira vez. Como dicía Gandhi: “son nacionalista para ser internacionalista e son internacionalista para ser nacionalista”. Independentemente das ideoloxías, quen queira buscar unha unión cósmica, ten que ser capaz de compoñer un himno traducible e musicable a todos os idiomas sen perder o sentido e a emoción da mensaxe orixinal.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania