Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Dina Mita' de Ticiana Ghiglione Darriba

martes, 08 de mayo de 2018
Cando comecei a falar con Luz Darriba, eu faláballe en castelán e ela respondíame no seu fermoso galego sureño; con acento da Cruz do Sur. Para non caer no mesmo erro, pregunteille a Ticiana como íamos 'Dina Mita' de Ticiana Ghiglione Darriba falar na presentación, e respondeume “como queiras”, así que por intención, en galego.

E o de mencionar a Luz non é por facer de menos á súa filla, senón por facer de máis… porque cando nunha familia hai unha “nai coraxe”, é moi posible -neste caso, certo- que haxa tamén “fillas coraxe”, por ter ben aprendido o exemplo que están a ver. E a primeira proba deste coraxe é afrontar a edición deste libro que hoxe presentamos, a peito descuberto, buscando amigos que sintonicen cunha idea e a súa posta en práctica.

Para min, Ticiana Ghiglione Darriba foi primeiro a artista filla da artista Luz… e alcanzou plenamente a maioría de idade como artista cando vin a súa decisión, o seu empuxe, o seu traballo… pura dinamita!.

E a primeira idea que tiven ao empezar a leer este libro que hoxe presentamos, era que Dina-Mita era a Mafalda do século XXI, pero chegou Peridis a chafarme a idea ao indicar que “en algunha medida, ven ser filla de Mafalda”, e a mesma Dina faille unha homenaxe neste libro. Pero aínda así non me desdigo da cuestión, que os pensamentos primeiros non teñen porque ser os peores. E si Mafalda fixo historia no pasado século desde a Arxentina, conquistando Galicia en castelán e galego, agardemos a pacífica explosión desta Dina-Mita que temos nas mans e disfrutemos da súa carga explosiva.

Este é o primeiro libro de Ticiana, ao que un se achega coa indulxencia que merece toda “ópera prima”, e atopa primeiro debuxos amables, agradables, que inspiran confianza… E mesmo a portada onde Dina esgrime a espada luminosa da Guerra das Galaxias parece prometer un xogo propio dos nove anos vividos por Dina desde 2013 cando naceu, o que evidencia que vive intensamente, dous anos por cada un do calendario.

E o libro proclama ser “O despertar da ironía” dunha, ao dicir de Helena Villar Janeiro, “filla intelixente que fai preguntas”. E Helena sabe moi ben o que é iso, porque lle saíu tamén unha filla moi intelixente, das que seguro facía milleiros de preguntas. Pois se este primeiro libro de Dina, só é o despertar, preparémonos para a seguinte explosión dinamiteira desta “conciencia critica que madruga”, como a cualificou Marica Campo.

Porque, claro, Alfred Nobel pasou á historia pola dinamita antes que polos Premios do seu nome; por esa tremenda sustancia que ao estourar racha todo o que está no seu inmenso radio de acción. Esta Dina Mita non estoura porque non lle fai falla, senón que -como afirma Tareixa Campo, “con ternura e sorna”- actúa lentamente, con inocentes cargas de profundidade, de efecto instantáneo e continuado.

E quédome con Xaquín Marín, catedrático galego do Humor e da ironía, cando marca a absoluta diferencia entre a dinamita “nobelesca”, a de Nobel, que leva á morte a todos os que atopa, e esta Dina-mita intelixente que é un canto ao pensamento, á intelixencia e á vida.

Cada historia que neste libro se conta (analice as cifras oficiais, razoe sobre o Papa, vexa pantasmas ou xogue ao Xadrez con aires republicanos…) evidencia que esto non fixo máis ca empezar, que temos “Dinamita para rato”, que calquera cousa que diga ou faga haberá que tela en consideración porque, como di Marina Núñez, esta Dina-Mita “estala, e ao seu arredor o aire refresca”.

Eu de pequeno era un apaixoado dos contos, aos que aínda non se lles chamaba comics, e pensaba que aquelo era só cousa de nenos, que os maiores non atenderían a cousas así… E o tempo veume a dar a razón. Os comics, os “contos”, as viñetas, as historias ou historietas son cousa de nenos, e aos “maiores” non lles importan, quizais porque non debe importarlles.

Porque houbo alguén que cambiou a historia do mundo que dixo que para chegar a ser “grandes”, tiñamos que ser nenos ou ser “como nenos”… porque esto non vai con “maiores” e menos con “vellos”, alleos á realidade, ao arredor, que só a nenez e mocidade de pensamento e visión pode salvarnos ao axudarnos a ver con inocencia, con claridade, o que nos pasa; o que pasa na nosa contorna.

E mirade por onde, neste libro, a súa autora na presentación, indica que está dedicado “aos nenos e nenas que levamos centro”, que, en definitiva, “son e deben ser o motor das nosas vidas como individuos e como sociedade”.

Totalmente lóxico, se a protagonista é unha nena que ve e analiza un mundo extraño, saca conclusións, e fai comentarios, lóxicos, presuntamente inocentes, cáusticos, realistas, para facernos pensar.

Hai que espallar este libro, para que estea en todas as casas e sirva de material de consulta para rapaces e maiores… Porque se fixera falla unha razón “física”, saibamos qure Xoan Costa proclama no seu texto que a posesión desta “Dina-mita” non se considera tráfico de armas nin tenencia ilícita de explosivos”, senón que -segundo Águeda Penedo- é moi conveniente ter “un par destes cartuchos na casa”.

Pero hai moitas máis razóns para “receitar” este despertar da ironía que nos convirta en “dinamitadas” e”dinamitados”, de Edicións explosivas, sobre o que ninguén pode chamarse a engano.

A principal delas é que ven ser unha chamada de atención sobre as cousas que pasan, que por sucesivas chegan a ser habituais, que distan moito de ser normais, pero afixémonos a elas por puro hábito… e esta conciencia crítica -ollos de nena que ven nos interiores- enos esencial para despertar do sono que nos adormece; que convén aos que nos queren ver adormecidos.

Hai unha nota final no libro no que a autora nos invita a buscar nas páxinas 4 e 5 do libro, dándonos a pista para atopar unha Dina que coas súas mans debuxa unha figura que temos que descubrir para confirmar o principal motivo que impulsa unha acción coma esta.

E remato xa indicando que nunca pensei ler un poema en castelán do profesor Xesús Alonso Montero que figura ao comezo do Libro: Versos para Dina que es una heroína, que rematan así:

Gracias Dina por tu ejemplo,
por tus razones tan lindas,
por tus ojos luminosos
de razón y fantasía.

Yo no sé Dina admirada
si quien tu nombre recita,
lo confunde en ocasiones
con el nombre dinamita.

Sea de ello lo que fuere,
mi dinamitera amiga,
prosigue con tu evangelio
que es aguijón y delicia.

Dito queda. Parabéns, Dina / Ticiana… E a seguir sendo nena con infinitas preguntas.

(Palabras de Xulio Xiz na presentación do libro "DINAMITAdos-El despertar de la ironía", de Ticiana Guiglione Darriba, o 3-5-2018, no Vello Cárcere de Lugo).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES