Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Plenos poderes

viernes, 21 de septiembre de 2007
Os políticos levan dez meses sen renovar o Consejo Superior del Poder Judicial, porque non se poñen de acordo. Non se puxeron ata de agora, que parece haber principio de solución ó conflicto.

Ése é o problema da politización de todo o que nos rodea.

Cando eliximos, cando votamos nunha elección, entre os candidatos que os partidos nos propoñen, escollemos entre un grupo político ou outro. Non ás persoas. As persoas xa foron designadas polo Aparato do Partido.

E cando, co noso voto, lle damos forza ó partido político elixido, designamos simultáneamente quen nos vai gobernar, quen vai lexislar, quen vai controlar a economía, quen vai representarnos en organismos oficiais e privados, quen vai figurar en consellos de rendibilísimos consellos da Administración.

Dámoslles o voto, dámoslles poder. Todo o poder. Plenos poderes. Para gobernar, para organizar o futuro, para controlarnos cada vez máis.

Se a Xustiza a deixásemos na súa independencia, entrarían en xogo os mecanismos internos da institución e autorregularíase, co mesmo dereito democrático que coa intervención dos partidos.

A ver se desta vai. Cada minuto que pase sen acordo unánime xoga na nosa contra, e evidencia fallos dun sistema que ten que tender á perfección aínda que por humano teña erros.

E non pensemos que esto é algo xeral, que nos toca moi lonxe. Os plenos poderes que damos son nas eleccións xerais, nas autonómicas e nas municipais. Nós votamos, dámoslles plenos poderes, e quedamos nas súas mans.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania