Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xesús Mato, coa aperta de Castelao

sábado, 05 de mayo de 2018
Sempre me soou algo o cura Mato de Lugo xa polos anos sesenta en Viveiro, onde tiven eu os meus primeiros pasos de crego, chegáranme de rebote polo tenor viveirense da catedral de Lugo e polos veraneantes lucenses, as súas dotes na dirección coral e na pastoral xuvenil. Case xa non lembro aquel balbordo. Mais co despegue de “Fuxan os Ventos” e “Galicia Canta ao Neno” resoou, resoou esplendoroso por Galiza no canto Xesús Mato, coa aperta de Castelaoe no berro contra o mal ollo desta nosa Terra. Benia a ti, Xesús!.

Coa súa actividade nos medios de radiodifusión xa non alcanzo tanto, porque a Ferrol no chegaba Radio Popular de Lugo, aínda que aquí, teño que facer unha paréntese, ao facermos mención de Xosé Manuel Carballo, que mesmo me parece que o escoito no meu pensamento que mo leva o vento e xa non podo atopalo coa pena da súa ausencia, que tiña aquelas retrancas que me imaxino han de lembrar por moito tempo na Terra Chá. Coido que esta escolleita tería algo que ver o crego Mato e máis Xulio Xiz, que aí van un ao pé doutro facendo marabillas por Galiza adiante.

Mais non alcanzo eu a albiscar a un crego como Xesús Mato, no seu comezo, nun contexto episcopal feudal de Balanzá, noutro chegado de Navarra cheo de méritos sobrados guerra-civilistas como párroco de Olite, Navarra, Ona de Echave para bispo de Lugo. Mais, ben, xa sei que o Espírito racha e sopra por onde nin o pensas. O noso crego co cargamento do Vaticano II tiraba para adiante co xenio dun home recio que pousaba firme e sen medo a perder primicias nin coenxías nunha catedral ben chea de incenso e penumbra, nada estimulante na pastoral rompedora de Mato. Recibiu, sen dúbida, a ilusión do novo bispo franciscano Xosé Gómez González, co que si valía a pena pastorear.

Nin corto nin preguizoso, colleu ás carreiras para rubir ás alturas da montaña de O Cebreiro. Aí si que resoou, o seu exemplo para compartir o rural coa xente do rural como un máis enfiando cara o vento o servizo humano e divino. Xesús de Nazaret naceu de novo, ou mellor dito, si que resoou en O Cebreiro.

E teño que engadir que me sorprendeu cando o vin na presentación do libro de Rosa Cal, Los Curas Contra Franco, que é ser partícipe, de algunha maneira, co traballo da autora en liña co compromiso do Vaticano II, e máis. E por enriba participar tamén no meu libro Consejos de Guerra contra el Clero Vasco, 1936-1945, Todo un honor para o noso traballo.

A Medalla de Castelao ben a mereces e vancha dar. Non te preocupes demasiado a quen lla deron dende o ano 1984, nin tampouco a institución a partires do regreso dos restos do noso irmán dende o cemiterio da Chacarita de Bos Aires, onde descansaba desde o 9 de xaneiro de 1950. con todos os honores, que aquí non tiña moi concordes. Mais así se che escribe a historia. Ti contento e nós tamén por teres a honra que é coma recibires unha forte aperta dun home grande de Galiza.
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES