Dixo Napoleón I quando caeu do cabalo Que pouco espazo precisa un home para que o enterren!, él, un home de pouco tamaño físico, pero capaz de revolucionar toda Europa. Aí está o que vale un home, que

nunca se pode medir polo peito que bote para adiante, nin polo traxe ou zapatos que encaixe.
Tal é o caso de Mato, un crego que impón pola súa capacidade de compreensión, seu ollar "en constante alerta" a aquel que se dirixe a el, con capacidade de analisar e tirar conclusións que, unha vez sí e outra tamén, aumentan a súa autoridade e nunca o seu autoritarismo.
Mato, un silencioso intelixente, donou a súa vida e gastouna por Galiza. A Galiza das cidades, que lle permitiu desenvolver a súa amada faceta musical, a fraternidade cos deficientes físicos ou mentais, incentivando-os a abandonar os seus confinamentos familiares e a integrarse na sociedade; promover casas para os sin teito, ou compartillar os seus coñecimentos como profesor na docencia presencial ou a formación social de colaboración e compromiso ao traveso da radiodifusión.
Mais tambén o xeneroso Mato que se instalou vinte e cinco anos no interior da Galiza, O Cebreiro, para cuidar dos máis desprotexidos, limitando asi o seu poder de criación, debido ao mesmo contexto que o rodeaba.
Na cidade ou no campo, Mato, sempre avanzou no camiño de dous indispensables compañeiros, Jesus de Nazaré na defensa do ser humano, e Castelao marcando os camiños da loita por erguer a Galiza e aos galegos, tanto de veiramar canto do cumio das montañas.
Vamos dar recoñecimentos a aqueles que o merecen e mentras estén vivos, para que poidan disfrutar unha pequena parte da fraternidade e xenerosidade que repartiron nos longos anos de traballo.
Pido a Medalla de Castelao para Mato, segura de que o mesmo ilustre galego impoñería-lla con gusto, acompañada con unha cálida aperta.