Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pasados cen días

jueves, 20 de septiembre de 2007
Cen días é o tempo de gracia que se concede a todo goberno para tomar contacto coa realidade e porse a funcionar. Cen días teñen cumprido ou están a punto de cumprir os nosos concellos, despois das últimas eleccións municipais.

A pesar de algunha dimisión e cambio nas alturas, de que Psoe e Bng aínda non se puxeron dacordo en algún consistorio, de que aínda se respira provisionalidade en moitos gobernos municipais, o teórico tempo de tranquilidade para comezar a funcionar remata, e a partir de agora rematou a veda e a tempada de caza, acoso e derribo, vai comezar.

Pensándoo ben, catro anos é pouco tempo para gobernar especialmente se é o primeiro mandato do equipo, xa que o primeiro ano está practicamente copado polas resolucións, investimentos e hipotecas do equipo anterior, e logo o tempo pasa a unha velocidade de vértigo. Estes cen días pasaron como unha exhalación.

Pero a vida é así, e os entusiasmos iniciais dos que acceden a un goberno municipal atópanse coa dura realidade dos presupostos e limitacións, das necesidades e das axudas, da oposición nunca contenta e atenta ó menor síntoma de flaqueza. Un sin vivir.
Pasaron os cen días. Agora, a gobernar, a decidir, que neso consiste o poder, a escoller entre varias opcións a que cada quen estima máis oportuna, guste ou non guste, doa ou contente.

Ata agora, setembro foi cálido somente nas temperaturas producidas polo radiante sol. Desde agora, a temperatura pode subir, e debe, para que dese calor todos percibamos algún efecto beneficioso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania