Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Masa informe e lerda (merda)

miércoles, 02 de mayo de 2018
A vida vainos poñendo en situacións que nos obrigan moralmente a posicionarnos. A realidade vólvese unha suma de silencios que claman polo berro e é a nosa escala de valores a que acaba provocando unha saída á rúa que a volve colectiva. Dita saída é un xeito de recuperar a dignidade, de non aceptar o imposto e dicir que nós non somos coma eles e que merecemos algo mellor.
A sensación describíaa moi ben Celso Emilio nun soneto adicado á Irmandade Galega de Caracas con motivo da súa expulsión da mesma:

Por mais que miro e asexo 
pra esta masa informe e lerda 
eu outra cousa non vexo 
sinon moreas de merda. 

O seguinte verso falaba de “grandes palleiros de merda” e isto é o que un sinte hoxe en día vivindo nunha sociedade que padece unha longa enfermidade dexenerativa en torno aos seus valores. Xa nada da actualidade nos sorprende, xa nada nos ergue para loitar con dignidade. Un bota de menos o espírito de “non á guerra” ou “nunca máis”. O máis preto queda ese 8 de marzo que a moitos nos abraiou pero parece apagado en moitas frontes, como se nada aceptamos á corrupción, permitindo que conserven todos os honores e incluso que se vaian coa cabeza alta.

Cando pensábamos que xa non había máis para onde ir, aparece a inxusta sentencia da manada, considerando que aquilo non son feitos constitutivos de violación. Non nos damos conta de que estamos avalando unha perversa escala de valores que no fondo lexitima a utilización da forza para sentarse sobre os demais. Un pobo que lexitima a forza para impoñer o desexo está moi lonxe de poder chamarse democrático.

É necesaria unha amplia reflexión colectiva sobre en que nos estamos convertindo, como utilizamos o poder individual e colectivo e que clase de moral nos está rexindo. Se o facemos igual, somos quen de superar esa masa informe e lerda na que vivimos. Claro que para iso hai que recoñecer que non somos os mellores e que temos moitas cousas que aprender como pobo empezando se cadra por coidar a liberdade de expresión sen permitir que ninguén a limite subxectivamente.

Noutro verso de “Cemiterio privado” dinos Celso Emilio “deus che de rabia meu pobo que paciencia xa tes abondo”. Só a rabia e a verba nos poden convertir nun país digno, íntegro moralmente. Se isto non se produce moitos verán positivo ser expulsados como Celso Emilio da Irmandade Galega de Caracas. A razón que deu o poeta era moi simple e vale para a nosa realidade: “a expulsión foi positiva pois liberoume da merda”.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES