Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festas populares

miércoles, 19 de septiembre de 2007
Vivo o fin de semana inmerso en festa popular, e comprobo que aínda que todo cambie, hai cousas que perviven, quizais porque ninguén quere que muden.
No Campo da Festa, dúas orquestras montan escearios tan descomunais como os que no San Froilán asombran ó Pazo do Concello. Escearios que cumprirían as condicións exhorbitantes das “estrelas” dos anos oitenta, coas que tiven relación durante o meu tempo festeiro lucense.

Sigo sorprendéndome de que, na Misa Maior, no momento da Consagración, no coro da igrexa, a orquestra de turno interprete unha versión do Himno Nacional onde un estarabouzante tamboril executa o papel principal. O mesmo relevante papel que logo representa acompañando –paso militar- a procesión arredor da igrexa.

A orquestra interpreta sonoras andaluzadas co máis patriótico fervor. As presentacións poden ser en galego, como sinal de complicidade co “respectable público”, que entre si manexa o idioma mellor que os asistentes a un congreso de lingüístas. Aquí non hai un “te” ou “che” fóra do seu sitio como nas mellores familias informativas, literarias ou políticas. Cancións “galegas”, coido que só escoitei dúas dos Tamara, en castelán.

Polo demais, a tradición pervive. Os rapaces a xogar, os mozos a mocear, os maiores a lembrar. E todos xuntos compoñemos o pobo, a vivir festa rachada, popular, a calquera santa advocación, aínda que sexa coma esta, da Virxe das Angustias.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES