Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xesús Mato, facendo Galicia dende o berce

domingo, 29 de abril de 2018
Hai uns anos tiven a honra de asistir ao acto de entrega das medallas Castelao.

Naquel fermoso e solemne intre, pensei dúas cousas:
Que recoñecementos de tal magnitude gañan moito en emoción cando se producen na vida do galardoado ou galardoada. Sentir o recoñecemento e o agarimo dun pobo, o amor de Galicia, ten que ser o sentimento máis grande para un corazón e unha alma galegos.

Pensei tamén, que poucas persoas coñecía eu que fosen merecedoras de vivir semellante intre. En poucos segundos, un nome percorreu a miña mente, coma un suave vento que fai cantar ás follas dos centenarios carballos.

O Presidente da Xunta de Galicia de aquel entón, recordou o significado e o valor da Medalla Castelao: "A perfección, o simbolismo ou a trascendencia das obras e do labor dos premiados con este recoñecemento debe ser o froito da entrega dunha vida, e o reflexo dun traballo conscientemente realizado, con entrega e con fe na cultura, na historia e no ser dun pobo"

Non é doado atesourar todas e cada unha de ditas cualidades. A excelencia de ser galego e de amar a esta terra sinxela pero forte, pequena pero con orgullo de seu e respecto pola súa historia de lenda, e os seus devanceiros de ouro. Un deles é, sen dúbida algunha e podendo engadir máis, Xesús Mato.

Nos tempos que vivimos, poucos pobos poden seguir construíndose a si mesmos, tendo presente o seu pasado, mais soñando e con esperanza no seu futuro.
Mato leva asumindo esa labor de construtor moderno, pero achegado aos devanceiros, ao longo de dous séculos ben diferentes. Con humildade, como é el pero erguéndose cada día amando a Galicia como poucos. Erguendo pedra a pedra unha nova Galicia, que avance sen barreiras e sen complexos, e non esqueza xamais a herdanza do seu legado. E faino con paixón, coa paixón dos que fixeron e fan desta terra o que é. O berce dos bos e xenerosos, o descanso dos ilustres galegos e galegas que foron, son e serán.

Xesús, músico, poeta, crego, dinaminazador, creador, bardo, historiador, amante do chan que pisa, amigo, compositor... leva tatuada na pel, no seu ser e no corazón a cruz aspada que deseñou o mesmísimo Castelao. Todos os deuses queiran que tamén a poida lucir sobre o seu peito. Será de xustiza, será de amor desta terra polos seus fillos e fillas. Xa é unha honra telo coñecido.
Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES