Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No pentagrama galego, D. Xesús Mato, notoria clave

domingo, 29 de abril de 2018
Non resulta difícil xustificar o galardón e a distinción cando a persoa merecedora é relevante polos seus feitos; cando a realidade e o exemplo brillan dun xeito palmario, cando é evidente que ante nós está un persoeiro relevante sobran todas as palabras.

O nome de D. Xesús Mato Mato contén toda a grandeza e nobleza e, as nosas bocas cando pronuncian tan digno nome parecen quedar cheas e contaxiadas do mel da honradez e honestidade dese crego, D. Xesús. Nunca mellor posto o nome de Xesús para quen adica a súa vida á encomiable tarefa de buscar o benestar dos outros.

Un pai irmán dos seus irmáns, D. Xesús Mato Mato, o seu sorriso trasmite tranquilidade, sosiego , dozura para aliviar o peso do lastre cotidiano da mochila dos peregrinos da existencia. Pastor espiritual, labrego, sachador e sementador da cultura en todos os eidos, dende as Terras do Deza, no mesmo corazón de Galicia, na Paradela do grande Manuel Orestes, no Caurel alto….. ata a muralla de Lugo polas súas portas demanda que reciba este galardón .

As pedras desa romana cerca ante ese nome, D. Xesús Mato, tremen coa ledicia e satisfacción de ver nel o mellor canteiro. Soubo traballar coma singular albanel calquera canto rodado que, grazas a súa laboura, converteríase en sillar fermoso .

Voceiro e difusor da cultura das Terras de Breogán pero, voceiro carente de orgullo e arrogancia, porque os homes que, coma el, merecen ostentar no seu peito a Madalla de Castelao, por ser persoa de ben, abnegado e entregado a unha noble causa, buscar, sen interese persoal, engrandecer e facer medrar a nosa Galicia nos horizontes máis amplos, ondeando a enseña da tradición, da cultura autóctona, “a infrahistoria” galega como diría Unamuno.

Nos aires da atmósfera rural sempre escoitaremos a voz dun home que no pentagrama musical conseguiu poñer as notas enxebres, as notas das voces que defenden ao mar, a terra , as xentes e ao lar dos que necesitan axuda, acougo e apoio para camiñar . D. Xesús Mato, esnaquizador de barreiras; dos humildes eficaz , cadeira e caxata é a súa persoa para aqueles que teñen capacidades diferentes. El ben sabe atopar esas cualidades para que esos que outros chaman discapacitados sexan valorados e respetados porque este sacerdote ben sabe exercer de pai de todos e dun xeito especial daqueles que por algunha razón levan máis carga.

O noso amigo, ese grande galego, sempre será sostenido grandioso para este país que ve nel un home de a pé, un cabaleiro que non quere subir nas nubes do orgullo porque busca sempre un ambiente de modestia, humildade e solidaridade cristiana.

Larra diría del que é o modelo do seu “home líquido”, un paradigma que nós temos que intentar imitar, un mestre desta terra , un polifacético, traballando incansabelmente no obradoiro do seu corazón arroupado no silencio , un anacoreta nas montañas do Cebreiro loitando para que o lobo do esquecemento nunca acabe e devore aos montes e pobos do rural galego e, que a neve da salvagarda e protección sexa o maná para que todos, escoitando as voces de “ Fuxan Os Ventos” e a “Quenlla”, berremos pidindo, dende as beiras do Sil ata Fisterra, que nesta edición A Medalla de Castelao ten en D. Xesús Mato Mato o seu grande merecedor.Podemos dicir que non soamente é el o idóneo para esa distinción, é que a Medalla de Castelao necesita estar na súa posesión porque este home no pentagrama cultural galego é notoria clave de paz e solidaridade. Todos debemos facer unha brillante interpretación das composicións altruistas, o legado grandioso do Fillo Predilecto de Paradela.
Pol, Pepe
Pol, Pepe


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES