Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maio florido

martes, 01 de mayo de 2018
“Como a meniña tola,/ que sae por vez primeira/, con dengue e muradana,/ para a festa do lugar; /así, xentil e aposta,/ vai vindo a primaveira,/guirnalda de craveles, verquendo ó seu pasar…” do poema A primaveira, de M. Curros Enriquez.

O rei da primavera é o mes de maio, nome que procede de Maia, nai de Mercurio, deus que representa o trunfo da vexetación, o mes das flores. En maio remátase de sementa-lo millo e, cando se facía na última finca dunha casa poñíase no medio, cravada, unha gran rama de xesta en flor: era poñer o ramo ó maio. O mes era saudado pola galanura das súas flores: “velaí ven o maio cargado de flores; detrás ven san Xoan que as trae mellores…”

Entramos en maio: é tempo de sol, necesario da auga da chuvia que empuxa o paso da flor ó froito…

A maio refírense unha chea de refráns e ditos referidos á bondade da auga esperada como auga de maio, dise cando se anhela algo. Acontece a apoteoses florido da vida; escoitanse os últimos cantos do cuco e os primeiros do grilo, pregoeiros do tempo claro, bó agoiro entre as xentes do rural: significa amor, fartura, bó tempo. Comezan as festas do ramo florido. A flor como insignia de vida, porque no ciclo será froito e novamente semente. Os maios son unhas das festas mais populares do ciclo anual. Aproveitando os froitos que da a natureza, apréciase a creatividade das xentes nas composicións frorais, ou nas coplas que acompañan ós maios, fundamentais na escenificación da celebración, de orixe prehistórico, cubertos de polas e adornados con flores e vexetación.

Maio é o mes do amor; o mes verde e florido. Amor, vexetación e festas interrelaciónanse entre sí: “ Ahí ven o maio, florido e galán/ tódalas rapazas amores lle dan” (A. Cunqueiro); festas e ritos que sempre se acompañan con cánticos e coplas, xeralmente de carácter irónico, das que a literatura popular garda numerosos exemplos. En Galicia os maios teñen a súa mais xenuina representación en Ourense.

Aquí ven o maio/ puxéronse á porta/ cantándome os nenos;/ e os puchos furados/ pra mín extendendo/ pedíronme crocas/ dos meus castiñeiros/. Pasai , rapaciños,/calados e quedos;/ que polo de hoxe/ que darvos non teño;/ eu son vo-lo probe do pobo galego:/ ¡pra min non hai maio, / para sempre é inverno!... ¿Queredes castañas dos meus castiñeiros?... Cantádeme un maio/ sen bruxas nen demos/ usuras nen preitos/ sen quintas nen portas,/ nen foros, nen cregos…./. Manuel Curros Enriquez: O MAIO.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES