Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os vellos grupos escolares

miércoles, 19 de septiembre de 2007
O que un tempo é sinal de progreso, de atención da administración, de servicio nun pobo, pode quedar obsoleto nun espazo temporal relativamente curto.

A desaparición de escolas rurais para a súa integración en grupos escolares, foi interpretado como un avance para que tódolos rapaces do rural recibiran un ensino acorde co tempo, e ó mesmo nivel que os de zonas urbanas. O transporte escolar puxo un necesario punto de referencia no camiño do progreso, aínda que significase un ostensible desarraigo dos nenos do seu medio natural.

O peche das escolas rurais viña tamén dado pola sucesiva diminución de nenos en idade escolar, diminución que non se apreciaba nos entón chamados “Grupos escolares” porque recollían os alumnos da capital do concello ou poboación importante.

Dase agora un paso máis neste camiño polo de agora sen volta, e colexios plantexados ó grande, para futuras poboacións infantís en aumento, quedan na actualidade infrautilizados, convertidos nun problema para a Administración.

Tal o colexio de Ourol, capital de municipio montañoso do norte da provincia de Lugo, a unha ducia de kilómetros da costa, que ten na actualidade doce alumnos. A clase de infantil ten tres.

Que vai pasar con este Colexio e con outros similares?. A solución máis doada é integralos noutro cercano, pero significará aínda máis desarraigo para os rapaces que xa teñen que viaxar un tempo longo desde as súas casas. Solucións como “Preescolar na casa” para os máis pequenos ou formación a través da Rede para os maiores poidan ser contempladas nun non lonxano futuro. En tanto, da que pensar a situación dun colexio para doce alumnos nun fermoso concello marcado pola emigración, que amosa numerosas casonas construídas polos antigos “indianos” e ten erixido un monumento ó emigrante – home con maleta- á entrada da capital.

Os vellos “grupos escolares” deben ser replanteados diante das novas situacións. Pero tendo en conta que, diante de calquera criterio economicista, os dereitos dos nenos á educación e a vivir na súa casa son sagrados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania