Busquemos amor
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 26 de abril de 2018
A palabra amor interpretámola de mil maneiras distintas:
-Amor de pais
-Amor de amigos.
-Amor de parellas.
-Amor egoísta.
-Amor altruista.
-Amor entre persoas de sexo oposto.
-Amor entre persoas do mesmo sexo.
-Etc
Cando realmente o AMOR, SÓ É AMOR
O AMOR É UNIVERSAL.
Busca únicamente o ben propio e máis o ben alleo ó mesmo tempo.
O contrario do AMOR é o odio.
Quen encontra o AMOR, encontra o máis valioso despois da vida e da saúde.
Quen ten AMOR, ten a riqueza máis grande.
-¿Qué hai que facer para ter AMOR?
Hai que fabricalo.
-¿Dónde se fabrica?
No noso interior, nese punto brilante que irradia tódalas nosas boas obras.
-¿Quen pode fabricar amor, os ricos, os pobres, os do norte, os do sur
?
Todos.
Absolutamente todos.
Non existe no mundo ninguén tan pobre que non teña amor no seu corazón.
Tampouco hai ningún rico que estea sen el.
Témolo todos.
Só temos que descubrilo.
-¿Cómo o descubrimos?
De mil maneiras:
-En nós mesmos.
-Nos nosos pais.
-Na nosa familia.
-No noso vecindario.
-Na nosa profesión.
-Na nai natureza: no sol, na terra, no aire, no mar
-Na vida
En primeiro lugar en nós mesmos porque se non podemos velo no noso interior, moito menos o veremos fóra de nós.
No noso interior hai todo o amor que necesitamos para ser felices: a circulación, a respiración, os tecidos, os órganos internos, o esqueleto, os sentidos
¿Parámonos a pensar cantas voltas dá o noso sangue ó longo do día, dos anos, de toda a vida..?
Poucas veces ou nunca porque é un acto involuntario e automático.
Non temos que darlle corda ó corazón para que funcione; pero ALGUÉN lla está dando tódolos días, tódolos minutos, tódolos segundos da nosa vida.
Aí está o AMOR.
Outro tanto pasa coa respiración.
Non precisamos darlle aire cun fuelle ós nosos pulmóns; pero ALGUÉN se encarga de facelo.
Aí está o AMOR.
E o mesmo pasa coa dixestión. Tampouco temos que botarlle química para que se produza; pero ALGUÉN o fai.
Aí tamén está o AMOR.
O AMOR está en todo o noso ser, no ser dos demais e en todo canto existe.
O primeiro que temos que facer para que o AMOR se manifeste é amarnos a nós mesmos máis que a ninguén.
Amarnos equivale a cuidarnos e mostrar agradecemento ó milagre da vida.
Cando nos sintamos amados por nós mesmos, tamén nos gustará que nos amen e amar a cantas persoas encontramos no camiño da vida.
De feito cando alguén nos fire, sentimos que o noso corazón sofre, a saúde física e psíquica tamén se resinten.
Nese momento estamos aprendendo unha lección moi importante:
Se os outros poden ferirme cos seus actos, tamén eu os podo ferir
¡SALTA A ALARMA!
¿Qué teño que facer para evitalo?
Concienciarme de que o AMOR É O MOTOR DO MUNDO.
Onde hai amor, todo funciona porque a vidá é froito do amor.
A VIDA É FROITO DO AMOR
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora