Foz: 110 anos de electricidade
Fernández, Suso - martes, 24 de abril de 2018
A electricidade non é un invento, senon un descobremento. Querse decir que é un fenómeno natural, fonte de enerxía, que sempre existíu. O home aprendeu a coñecela e a aproveitala; creou máquinas para producila e utilizala ó seu antollo e inventou, e segue inventando, aparellos que funcionan grazas ós efectos eléctricos , dende a bombilla ás computadoras.
Todo isto levouse á práctica nos últimos douscentos anos, a pesares de que as primeiras sospeitas sobre a enerxía invisible data de hai 2500 anos, o tempo dos gregos.
O termo electricidade ven, precisamente do grego electron; pero a historia que coñecemos comezou en 1800, cando Volta inventou a pila eléctrica.
Cen anos despois empleábase en oficinas, lugares públicos e vivendas; pero as primeiras lámparas, de mediados do S. XIX, tiñan unha vida moi curta. Cando Swan en Inglaterra e Edison en EE.UU. encararon o problema, xa contaban con bombillas moi perfeccionadas, e as primeiras compañías eléctricas naceron para suministrar corriente para o alumeado.
A Foz chegaría éste uns 30 anos despois do invento de Edison, pois na acta do pleno do concello do 4-8-06 dise: A Corporación Municipal informa ó Sr. Enxeñeiro-Xefe do Obras Públicas de Lugo que o concello ve con gusto que don Xosé Reimunde transporte do alto da Cazolga a enerxía necesaria para o alumeado público, e doutras industrias.
O 21-4-07 lese: O alcalde acctal., don Ramón Doce, da lectura á instancia de don Ramón L. Castiñeira, arrendatario da forza motriz para dotar de enerxía eléctrica á nosa vila; e acórdase concedela, para tender a rede e suministrar de luz ó vecindario. Tardaria un ano, pois o semanario Mondoñedo do 8-5-08, en escueta nota dí: Hai dous días inaugurouse nestas vila Foz - , con grande éxito, o alumeado eléctrico, producido pola fábrica do Sr. Reimunde.
Hai, pois, 110 anos que os focegos difrutamos deste transcendental servizo
Por aquelas datas Xesús Cageao, o histórico e popular Papaíto, anunciaba no xornal a súa fonda La Primitiva, coa primicia de que contaba con luz eléctrica en todas las dependencias, así como con automóvil y casetas en la playa para servicio de los huéspedes
. Cageao foi, posiblemente, o focense mais emprendedor, dinámico e imaxinativo; polifacético, e mais xeneroso da súa historia. Él era, sen dúbida, un adiantado ós tempos
.Cando polos anos 50 do século pasado,finou, alguen escribíu: Coa súa desaparición, Foz perde a memoria dos últimos 50 anos
. Él fora o grande dinamizador daquela sociedade
(Suso Fernández é Fillo Predilecto e Cronista oficial de Foz)

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora