Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aprendamos idiomas

martes, 18 de septiembre de 2007
Todo depende das formas. Hai anos, o entón Alcalde da Coruña, Paco Vázquez, afirmou que o tema do galego non tiña interese, e que prefería que calquera dos seus fillos estudiase inglés, que é un idioma de futuro, ca galego, que no lle ía servir para nada o día de mañá.

O alcalde coruñés gañou importante varapau popular, que aínda pervive nunha canción do grupo A Quenlla baseada nun poema de Manuel María.

O tema do galego está, na actualidade, fora de dúbidas e parece chegado o momento en que a administración galega se preocupe do ensino dos outros idiomas, e así van aumentar de 14 a 23 as Escolas de Idiomas do País.

Nun tempo no que desaparecen fronteiras e se globalizan as relacións e a vida, evidénciase primordial o coñecemento de idiomas – inglés, francés, alemán – para poder relacionarse co contorno, e chama a atención que sexan xa 22.000 os galegos que cursan estas ensinanzas, cifra que pode case duplicarse coa ampliacion que se vai efectuar.

Aprendamos idiomas, cantos máis millor. Dous deles, por obriga moral, por riqueza social, e por herdanza. O resto, por curiosidade, por mellorar na relación, para promocionarnos no traballo ou para disfrutar mellor dunhas vacacións. Todo son vantaxes, que podemos e debemos aproveitar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania